GMH/ÍNDICE A-Z

Referencias da busca neste documento para: Colección diplomática medieval do Arquivo da Catedral de Mondoñedo

175

1454, setembro, 7. Vilamaior-Mondoñedo.
O Cabido de Mondoñedo outorgou escritura de alugamento das dúas terceiras partes do préstamo de Santa María de Bares a Gómez Dourado, cóengo de San Martiño de Mondoñedo, durante a súa vida.
A, papel, con signo notarial, de 353 x 303 mm. Letra cortesá.
Anno do nasçimento de noso sennor Jesucristo de mill et quatroçentos et çinquenta et quatro annos sabado sete dias do mes de setenbro enna çibdat / de Vilamayor estando enno paaço dos Caualleiros sito enna claustra da iglesia cathedral da dita çibdat ajuntados os sennores Aluaro Gommes de / Escalona bachiller en Decretos chantre ennas iglesias de Mondonnedo et Orense et Nunno Rodrigues de Soutelo arçediano de Trasancos et Lopo Lopes de Teixeiro arçediano de Asu/mara et Juan Enrriques mestrescola de Lugo et Pedro de Horozco et Afonso Gonçales et Gonçalo Peres et Ruy Gonçales et Gonçalo Yanes et Pedro Martines et Juan Danca et Martin Vaasques et Vaasco das / Ynvernegas(?) personas et canonigos da dita iglesia deron en renda et arrendaron os seus dos terços sen cura de toda a iglesia de santa Maria de Vares et fructus / et rendas delas segundo que son anexos aa mesa do cabido de Mondonnedo por lo sennor don Afonso Segura obispo de Mondonnedo por vertud de vna bulla a/postolica de vnion de quatroçentas libras outorgadas a ha mesa capitular de Mondonnedo a Gomes Dourado canonigo de San Martinno de Mondonnedo que esta / presente por sua vida del et por presço et contia de mill et seteçentos mor. duas blancas vellas o mor. ou tres nouas ou outra moeda corrente / vsual que tanto valla os quaes ditos mill et seteçentos mor. o dito Gomes Dourado canonigo ha de dar et pagar de cada vn anno ao dito cabido et / seu moordomo en pas et en saluo sen desconto algun en esta çibdat de Vilamayor forros et quitos a dous plasos de cada anno ha meatade por / dia de Nauidad primeiro que viene da feita desta carta de arrendamento et a outra meytade a dia de Pascua de Resurreçion seguente et sera enno anno de mill / et quatroçentos et çinquenta et çinco annos et assi endeante dos outros annos venideros. A qual renda lle deron ao dito Gommes Dourado desde dia de San Juan / Baptista que pasou enno mes de junio dese anno presente de mill et quatroçentos et çinquenta et quatro por sua vida et ha de pagar mays o dito Gommes Doura/do todos los carregos et tributos rey et Roma see et padrones que o dito benefiçio duas terças sen cura de santa Maria de Vares deuer en qualquer maneira du/rante o tenpo do dito arrendamento. Para o qual arrendamento reçebir o dito Gommes Dourado et se obligar a elo et a seus bees lle deu poder liçençia at attoridat / Aluaro Pillado prior do dito monesterio de San Martinno que estaua presente et lo reçebeu asi o dito Gommes Dourado canonigo et obligou asi et a seus / beens mobles et rayses eclesiasticos avidos et por aver de dar et pagar ao dito cabido et seu moordomo aos ditos plasos de cada anno en esta dita / çibdat postos en pas et en saluo a sua costa os ditos mill et seteçentos mor. et mays os ditos tributos et cargas por sua vida. Para o qual mellor teer / conplir et guardar et pagar deu logo consigo por fiadores et deuedores et prinçipales pagadores de mancomun et cada vn por lo todo ao do dito Aluaro / Pillado prior et a Fernando Dourado canonigo do dito monesterio rector et comendatario de vn terço con cura da dita iglesia de santa Maria de Vares presentes et outorgantes / a dita fiadoria. Ao qual dito Ferrnand Dourado canonigo et rector susodito o dito prior deu liçençia et actoridat para a tal obligaçon et fiadoria faser et / otorgar segundo que a feso. Et renunçiaron os ditos fiadores et cada vn deles todo dereito et preuillegio ynmunidat exençon que en fauor seu fose et o dereyto / da autentica presente tamen utroque. O qual dito Gommes Dourado obligou a si et a seus beens releuar aos ditos seus fiadores indepnes a paz et a sal/uo. A qual dita renda o dito cabido arrendou ao dito Gommes Dourado con condiçon que se fallesçere el mesmo primeiro que o dito seu fiador Ferrnand Dourado / canonigo que fique a dita renda enno dito Ferrnand Dourado por sua vida para que a leue rendada por o dito cabido et lle pague o preço et contia suso ditos et / aos plasos de suso contiudos et que do dia que fallesçer o dito Gommes Dourado que fique obligado o dito Ferrnand Dourado de dar fasta veynte dias outro / fiador ao dito cabido et seu moordomo por a dita renda et non o dando que seja a dita renda espirada et fique libre ao dito cabido para dispo/ner dela. Et mays que sy fallesçer dito Ferrnand Dourado fiador ante que o dito Gommes Dourado arrendador que a renda seja en si ninhua et espi/rada et que sin enbargo do dito Gommes Dourado nen do dito rendo o dito cabido a posa arrendar et façer dela o que queser. As quaes condiçoes et cada vna / delas os ditos Gommes Dourado et Ferrnand Douradoo et cada vn deles consentiron et otorgaron asi que sejan baledeiras et firmes. Para o qual o dito Ferrnand / Dourado fezo juramento solepne aos santo euangeos en hun libro misal que tocou con suas maos de conplir o suso dito et de nunca por si nen por outro / publiçe uel oculte directe nec indirecte ocupar nen perturbar os ditos dous terços sen cura da dita iglesia de santa Maria de Vares de que o dito cabido / era justo poseedor nin fructos nin rendas nin cousa deles nin diser nin se chamar que os leua saluo por renda a el feita deles por lo dito cabido cujos / son perpetuamente vnidos et por sentençia que contra el deu o sennor obispo don Afonso Segura enna qual el diso que consentía et consenteu et renunçiaua et / renunçiou qualquer apelaçon que sobre ello fesera et yntimara et a daua et deu por ninhua o dito Ferrnand Dourado. Et eso mesmo que renunçiaua et renun/çia qualquer dereyto et anexaçon apostolica et ordinaria que dos ditos dous terços sen cura lle fose feita ao dito terço da dita sua cura et rectoria de que era co/mendatario et rector o qual todo asi jurou et prometeu conplir et guardar. Et eso mesmo os ditos sennores presentes coengos et benefiçiados fiseron juramento / aos santos euangeos enno dito libro que tocaron de suas maos de gardar o dito arrendamento et condiçioes del aos ditos Gomes Dourado et Ferrnan Dou/rado canonigos et a cada vn deles durante o dito tenpo et de lles non quitar a dita renda a eles asi feita por menos nin por mays preço que outro ou outros por / ela quesese dar nin prometer nin lles la reuocar nin quitar pagandola elles segundo dito he et conprindo as ditas condiçiones. Et asi lo outorgaron todo / ao dito Gommes Dourado et Ferrnando Dourado et eles et cada vn deles asi o outorgaron da sua parte. Et mays o dito cabido dou por quito ao di/to Ferrnando Dourado todas as rendas et cousas que leuou dos ditos dos terços sen cura des que vacaron por muerte de Vasco Fernandes canonigo de Oren/se clerigo benefiçiado et poseedor que foy deles fasta o dito dia de San Juan Bautista que se començou esta dita renda o qual o dito Ferrnand / Dourado diso que reçebia en merçede et graçia do dito cabido. Do qual as ditas partes outorgaron dous contratos feitos enna forma susodita / vn para o dito cabido et outro para os ditos Gomes Dourado et Ferrnando Dourado canonigo et para cada vn deles por min notario et testigos de juso escriptos. Que foy / feito et outorgado anno dia mes et logar susoditos. Testigos que eran presentes os ditos sennores et cabido et prior et Ares Fernandes et Afonso Rodrigues raçoeiros da / dita iglesia.
Et eu Pedro Horozco canoigo de Mondonnedo notario publico por la auttoridat apostolica / a todo esto que dito he con os ditos testigos presente fuy et este dito contrauto por outro en minna / presença fise escriuir et a rogo et pedimentos do dito cabido puge aqui meu signo acostumado / que tal he en testimonio de verdade rogado et requerido. Non enpescan duas rasuras onde dis / en anbas cada hua en seu renglon “Fernan, Fernan” que asi ha de diser o qual aprobo. (Signo).

(Reverso):
M. x. n.79. Contrauto do rendo de dous terços sin cura de Vares feito a Gommes Dourado et Fernan Dourado canonigos por vida deles. 1Udcc mor.