GMH/ÍNDICE A-Z

1214
1472, maio, 15. Lugo
O Cabido de Lugo afóralles a Gómez Arias, á súa muller e a tres voces a casa do forno na rúa Travesa por renda anual de oito marabedís.

MADRID, AHN, Cód. 419 B, f. 49 v.

Sepan quantos esta carta de foro viren como nos as personas canonigos et benefiçiados da iglesia de Lugo seendo juntados en noso cabildo por son de canpaa tangida, segundo avemos de uso et de costume, dentro en a Capela de San Vertolameu, aforamos et damos aforo et avervo a vos Gomes Arias, çapateyro, que presente estades, et a vosa muller, Maria Nunes, vesinos de Lugo, et a outras tres personas despoys de vos, huna qual nomear o postrimeyro de vos en sua vida ou a o tempo de seu finamento, et a outra qual nomear aquela persona que por la postremeyra de vos for nomeada, et non sendo nomeada persona que seia persona que seia persona (sic) deste foro quen herdar os beens do postremeyro de vos de dereyto, et asy das outras personas subçesiblemente. Conben a saber que vos aforamos huna nosa casa, que he dos aniversarios da dita iglesia, et he sita et locada en esta çiudade de Lugo, a qual casa he chamada do forno, et esta en a rua Trabesa que vay da Porta Mina para o carril da Estantigoa, et ten por lindeyros et terminos da huna parte huna orta de Tereyia Garçia, muller que foy de Françisco Yanes, et da outra parte de vayxo esta junta con ho Espital de San Miguell, et he sita et locada sub o signo da Capela de San Pedro, a qual dita casa vos aforamos et damos aforo con todas suas entradas et saydas et agoas vertentes et correntes, et que tenades a dita casa cuberta et reparada das cousas que lle feseren menester; et dedes delas en foro, de cada un ano, oyto maravedis de moeda vella por cada dia de San Martino de novenbro postos en pas et en salvo en esta çibdade de Lugo, et que os dedes et pagedes a o rendeyro et colledor dos ditos aniversarios, con condiçon que cada huna das ditas personas que subçederen en o dito foro despoys de vos do dia que en el subçeder por foreyra fasta treinta dias logo seguentes nos vena mostrar como he foreyro do dito foro so pena que se o asy non feser que por ese meesmo feyto perga o dito foro. Et a finamento da postremeyra persona que a dita casa fique feyta et cuberta et ben reparada et libre et desenbargada a nos, o dito cabildo, et a nosos subçesores con todos los outros boos paramentos que en ela foren feytos.

Et eu, o dito Gomes Arias, que presente estou asi resçebo o dito foro de vos, o dito cabildo, segundo et en a maneyra que vos mo dades et outorgades para min et para a dita mina muller et personas, et obligo a min et a meus beens et das ditas personas de o teer et conplir et gardar et pagar todo o suso contiudo, segundo et en a maneyra que en esta carta de foro se conten.

Et nos, o dito cabildo, asi vos la outorgamos, et porque seia çerto outorgamos et mandamos delo faser duas cartas de foro por lo notario a juso escripto, anbas en un thenor, huna para vos, o dito Gomes Arias, et vosa muller et personas, et outra para nos, o dito o dito (sic) cabildo, et nosos subçesores, et por mayor firmesa mandamos selar a carta de vos, o dito Gomes Arias, con noso seelo pendente.

Que foy feyta et outorgada en a dita çiudade de Lugo, dia esta feyra, quinse dias do mes de mayo, ano do nasçemento de noso senor Jhesu Christo de mill et quatroçentos et setenta et dous anos.

Testigos que foron presentes: Juan Afonso, chantre; Alvaro Dias, arçediano de Sarrea; Gomes Garçia, arçediano de Deçon; Gonçalvo Rodrigues de Parga, thesoreyro; Juan Arias de Parga, Pedro Martines, Pedro de Mera, Roy Dias de Freyxo, Afonso de Galdo, canonigos; et Roy Peres, Pedro Ferrnandes das Camoyras, Fernando Peres, raçoeyros; Juan de Vilar, porteyro; Johan de Gaibol, procurador da dita çibdade de Lugo, et outros.

Et eu Gomes Garçia de Goyoso, clerigo da çibdade de Lugo, notario publico por las abtoridades apostolica et ordinaria, a todo ho que sobre he (sic) en uno con os ditos testigos presente foy et este sobredito contrauto de foro, segundo ante min pasou et por las ditas partes foy outorgado, seendo ocupado de outros negoçios por outro en mina presençia fis escripvir, et por ende fise aqui estes meus signo et nome acustumados en testemoyo de verdade rogado et requerido.