GMH/ÍNDICE A-Z

Referencias da busca neste documento para: Documentos do arquivo da catedral de Ourense (1289-1399)

93
1312, novembro, 12

venda

Maior Iáñez véndelle ao mestre Xoán de Solbeira, cóengo, unha viña en Riazón (Seixalbo), foreira de cuarta ao bispo, por 525 mrs. de moeda porguguesa.

ACOu, Bispo, 108

Eno nome de deus amen. Sabeam quantos esta carta viren que eu Moor Eanes moradeyra en Ourense na rua de Pena Vigia e moller de Gonçalvo Fernandes que foy desse lugar, vendo e logo por esta presente carta entrego por herdamento para senpre a vos meestre Johan de Sorveyra coengo d’Ourense huna leyra de viña que eu ey en termio de Seixalvo no lugar a que chaman Rioçoo, a qual iaz entre a seara do cabidoo que agora ten Pero de Canba da huna parte e aa vossa vina da outra e ençima entesta na vina de Pero Reymondes e de Pay Aras e en fondo fere na cortina que agora o dito Pero de Canba ten do dito cabidoo. Vendovos a dita viña a monte e aa fonte con todas suas entradas e seydas e dereyturas e perteenças du quer que vaan, assi que vos e toda vossa vos a aiades en jur de herdade para senpre e façades della livremente todo aquello que vos aprouver e paguedes della foro de quarta ao bispo d’Ourense e livre e quite de todo outro enbargo e servidue. Et outorgo que reçeby de vos ben e conpridamente todo o preso della que a min e aa vos aprouvo en diñeiros contados, conven a saber quinentos e viinte e çinqo mor. da moeda portuguesa de que contan xvi par de diñeiros novos por tres mor. Et logo todo jur, dereyto, senorio, possison, propiadade que eu ey ou de dereyto devo a aver na dita viña todoo tollo de min e de toda mia vos e por esta presente carta poño vos e toda vossa vos en corporal possison della. Et obligo min e todos meus beens gaanados e por gaanar danparar vos e toda vossa vos para senpre a dereyto con a dita leyra. Et renunçio que nunca osa diser que vos a dita leyra non vendy e que de vos non reçebi ben e conpridamente todo o preso della en diñeiros contados. Et outorgo que se alguen da mia parte ou da estraya quisser viir contra esta venda que vos eu faso que vos peyte de pena çen mor. da moeda del rey don Fernando e esta carta e venda fique firme para senpre. Feyta a carta en Ourense doçe dias de novenbro, era de mill e tresentos e çinqoeenta annos. Tests. que a esto chamadas e rogadas presentes foron Johan Peres dito d’Allaris, Pero Martines dito Garrido, Johan de Villanova, Miguell Domingues de Penavigia moradores en Ourense.

Et eu Johan Eanes notario publico en Ourense por nosso señor o bispo e polla igleia desse lugar que a esto foy presente e o escrivy e en testemuyo de verdade este meu signal y pugy.

(sinal)