GMH/ÍNDICE A-Z

Referencias da busca neste documento para: Documentos da catedral de Lugo. Século XIV

753
1376, abril, 7. Lugo
O bispo e o Cabido de Lugo afóranlles a Rui González, representado polo seu procurador (inclúe carta de poder: 1376-IV-3, CD n.º 752) e á súa muller e a unha voz o couto de Meixente e as herdades do Páramo e reciben a cambio todo o que estes posúen en San Xoán de Goián, que, así mesmo, se lles outorga en foro.
MADRID, AHN, Cód. 417 B, fol. 104r e v.

Sabeam quantos esta carta virem commo nos don frey Pedro Lopes da orden dos preegadores por la gracia de Deus et da santa iglesia de Roma, obispo de Lugo, con outorgamento do dayan et cabidoo da nossa iglesia, da huna parte, et eu Gonçalvo Ferrnandes de Sarrea en nome et en vos de Ruy Gonçalves de Sarrea, escudeyro, cuio procurador soo, por huna procuraçon feyta et signada con signal de Iohan Arias, notario de Lugo, da qual o tenor he tal:

Segue a continuación a carta de poder (CD n.º 752).

da outra parte fasemos entre nos tal enprasamento firme et valedeyro por lo tempo et condiçoes que aqui seran ditas, conven a saber que nos, o dito sennor obispo, damos a vos o dito Gonçalvo Ferrnandes, procurador sobredito, aforo et avervo para o dito Ruy Goçalves et para Thereyia Lopes, sua muller, en sua vida d’anbos et de huna pessoa, que seia fillo ou filla d’anbos, qual o postrimeyro deles nomear en vida ou a tempo de seu finamento, o nosso couto de Meyxente con tres casares d’erdade que nos y avemos, que nos ficaron do dayan, don Fernan Arias, et de Maria Moniis, et Maria Moniis, netas d’Aldara Arias, sua yrmaa, con todas las rendas et dereyturas et iures et pascos et montes, que a o dito couto perteesçen, et damos-vos mays todas las herdades que nos avemos en Paramo por lo dayan, don Fernan Arias, a a tal condiçon que o dito Ruy Gonçalves et sua muller et pessoa façan labrar et parar ben todas las herdades et casares en guisa que se non perçan con mingoa de lavorio, et façan o paaço que esta derribado y et as cassas que lle perteesçen, et feytas que as mantennan con todas las outras que y avemos en bon paramento, et an de seer vasalos serventes et obedientes nossos et da dita nossa iglesia, et de nossos subçessores, et non an de vender, nen allear, nen supignorar, nen dar este couto nen as ditas herdades et casares del con suas dereyturas a cavalleyro, nen escudeyro, nen dona, nen a outro algun sen noso mandado et liçençia, ou de nosos subçesores, et se o feseren que non valla.

Et eu, o dito Gonçalvo Ferrnandes, que estou presente en nome dos ditos Ruy Gonçalves et Thereyia Lopes, sua muller, et pessoa assy reçebo para elles o dito couto et herdades et casares et casas con suas pertenenças, et obligo os bees delles et de cada hun delles, que tenan et guarden et complan o que sobredito he. Et por este ben et merçee que vos, o dito sennor obispo, et dayan et cabidoo fasedes a os ditos Ruy Gonçalves et Thereyia Lopes eu, commo seu procurador, et por lo poder que para elo ey dou a vos, o dito senor obispo, et a a dita vosa iglesia para senpre en doaçon et por iur de herdade o casal d’erdade, que o dito Ruy Gonçalves ha en Goyan, que foy de Ioan Eanes de Sarrea, con suas casas et arbores et dereyturas et con todas las outras herdades et silvas, manssas et bravas et prados et fontes et montes et agoas correntes et estantes et con todas las outras dereyturas et pertenenças que y ha o dito Ruy Gonçalves en qualquer maneyra et por qualquer rason peru quer que vaan sub signo de San Iohan de Goian, o qual casal o dito Iohan Eanes mandou et leyxou a o dito Ruy Gonçalves. Et logo por esta presente carta vos meto enno iur et possisson et propiedade delas et de cada huna delas et a a dita vosa iglesia, et tiro del a o dito Ruy Gonçalves et sua vos, et se d’aqui adeante o dito Ruy Gonçalves, ou outro por el, usar dos ditos casal et herdades et dereyturas et pertenenças, que vos asy dou, connosco et outorgo, en seu nome, que os usa et posue por vos et por la dita vosa iglesia et en vosso nome precario, et obligo os bees do dito Ruy Gonçalves para vos faser de pas o dito casar et herdades et casas et pertenenças et dereyturas que vos dou a todo tempo.

Et nos, o dito sennor obispo, assy reçebemos o dito casal et herdades et casas et todas las outras cousas que nos dades para nos et para a dita nosa iglesia, et por faser ben et merçee a o dito Ruy Gonçalves et a a dita Thereyia Lopes, vossa muller, et pessoa sobredita con outorgamento dos ditos dayan et cabidoo damos-vos para elles aforo et vervo para en toda sua vida, enna maneyra que dita he, o casal et herdades sobreditas de Goyan con suas pertenenças et dereyturas segundo que vos las [...] condiçon que os ditos Ruy Gonçalves et Thereyia Lopes, sua muller, et a dita pessoa lavren et façan lavrar et parar ben as ditas herdades et casal con as outras sobreditas, et mantenan as casas en bon paramento, et nos non den delas renda ninhuna no [...], et comprando ou gaanando o dito Ruy Gonçalves alguna cousas, ou sua muller, ou a dita pessoa, enno dito couto que o tenna commo estas outras herdades sobreditas. Et comprando ou gaanando nos, o dito sennor obispo, en el eso meesmo que o tennan os ditos Ruy Gonçalves et sua muller et pessoa. Et a finamento da postrimeyra pessoa as ditas herdades et casal, que nos dades, et o dito noso couto con todas las herdades et pertenenças et as outras de Paramo et as compras et gaanças que nos ou elles fesermos an de ficar livres et quitas a nos et a nosa iglesia con todos los boos paramentos que y foren feytos.

Et eu, o dito Gonçalvo Ferrnandes, en nome dos sobreditos assy reçebo por eles o dito vervo et emprasamento et merçee que me dades et obligo os seus bees que o tenan et compran et guarden en commo dito he, et por qualquer das cousas que mingoaren de faser que peyten de penna a nos, o dito sennor obispo, et a nossa iglesia mill maravedis desta moneda usual.

Et nos, o dito sennor obispo, con outorgamento do dito dayan et cabidoo assy vos lo outorgamos, et porque esto he çerto nos as ditas partes rogamos a Arias Peres, coengo, et a Iohan Arias, notarios publicos de Lugo, que fesessen desto duas cartas en hun tenor signadas con seus signos para nos, o dito sennor obispo, et para nossa iglesia, et outra para os ditos Ruy Gonçalves et Thereyia Lopes.

Que foron feytas en Lugo, sete dias de abril, era de mill et quatroçentos et quatorse annos.

Testemoyas que foron presentes: don Iohan Afonso, dayan; don Pedro Arias, arçidiago de Neyra; don Pedro Arias, arçidiago de Triacastela; don Ruy Gonçalves, mestrescola; don Diego Gomes, thesoreyro; Thomas Gonçalves, Fernan Peres, [...] Ferrnandes, Afonso Ferrnandes, coengos, et outros.

Et eu Arias Peres, coengo et notario publico de Lugo dado por lo dito sennor obispo, a esto que sobredito he con o dito Iohan Arias, notario, et con as ditas testemoyas presente fuy, et a rogo das ditas partes en esta carta, que o dito Iohan Arias scriviu, puge meu nome et signal en testemoyo de verdade.

Et eu Iohan Arias, notario publico de Lugo por autoridade do sennor obispo desse lugar, a o que sobredito he con o dito Arias Peres et con as ditas testemoyas presente fuy, et a rogo das ditas partes esta carta escrivi et puge en ela meu signal en testemoyo de verdade.