GMH/ÍNDICE A-Z

Referencias da busca neste documento para: Documentos do arquivo da catedral de Ourense (1289-1399)

410
1380, marzo, 31
foro

García Rodríguez, capelán de Santa María a Madre, con licenza de Vasco Pérez, mestrescola e vigairo xeral do bispo don García, afóralle a Xoán Martínez, reitor de Santiago de Carracedo, e a tres voces, unha cortiña, "a alen do ryo da Barbana", por 5 libras.

ACOu, Escrituras XIII, 9

Sabean quantos esta carta viren commo eu Garçia Rodrigues capellan da igleia de Santa Maria a Madre desta çidade d’Ourense, por liçençia e outoridade de don Vaasco Peres mestrescolla da igleia d’Ourense, vigario geeral do onrrado padre e señor don Garçia porla graça de deus e da santa igleia de Roma bispo d’Ourense que está presente, dou e outorgo a foro a vos Johan Martines clerigo reytor da igleia de Santiago de Carrasedo que sodes presente et a tres voses apus vosso finamento quaes nomeardes en vosa soude ou ao tenpo de vosso finamento et se non nomeardes as ditas voses que seia a primeira vos aquel ou aquela que herdar os outros vosos beens, et aquel que herdar os vosos beens en sua soude ou a tenpo de sua morte nomee a segunda vos, et nonna nomeando que seia vos \+/ os outros seus beens, et asy vaan as ditas tres voses huna pos outra suçessyve, huna cortiña que he da dita igleia de Santa Maria a Madre que está a alen do ryo da Barbana et parte de huun cabo con huna cortyna de viña que foy de Garçia Rodrigues das Tendas que oora ten e lavra Gonçalvo Peres dito do Cabidoo omme de Johan Peres mercador d’Ourense, et çima topa na dita cortiña, et da outra parte con outra cortyna de Estevoon Lourenço vesiño d’Ourense que agora ten e lavra Miguell Anes çapateiro morador na Barreira, et en fondo fere na congosta por que van da ponte do Outeiro para Porto Carreiro, a qual cortyna vos ia tiinades a jur e a mao. Aforovos a dita cortina con suas entradas e seydas e con todos seus dereitos e perteenças por tal condiçon que a lavredes e paredes ben en tal maneira commo non defalesca por mingoa de lavor nen por mao paramento, et dedes de foro da dita cortiña vos e as ditas voses por dia de San Martiño do mes de novenbro a min e ao capellan que porlo tenpo depois de min for da dita igleia de cada huun anno çinqo livras de diñeiros brancos desta moeda husavil que agora corre contados a viinte soldos por livra ou a estimaçon delles se outra moeda correr, et que aiades a dita cortyna do al de desemo a deus livre e quite de todo outro (enbargo. Et) se por aventura vos ou cadauna das ditas voses quiserdes vender, deytar ou subpenorar ou obligar ou (eallear, que) primeiramente frontedes con ela a min ou a aquel que depois de min for capellan da dita igleia et nos la dedes (por o justo preço) que outre por ela der, et nonna querendo por o justo preço que enton a vendades, deytedes ou subpenor(edes ou obligue)des ou ealleedes a atal pesoa que seia semellavil de vos que lavre e pare ben a dita cortyna et (pague de) cada huun anno o dito foro a min e a meus suçesores capellaens da dita igleia ben e conpridamente, et por liçençia do dito vigario obligo os beens da dita igleia de Santa Maria a Madre para anparar e defender a vos et as ditas vosas voses a dereito con a dita cortiña no dito tenpo. Et eu o dito Johan Martines por min e por as ditas voses assy reçebo de vos o dito Garçia Rodrigues a dita cortiña aforada porla maneira e condiçoens que ditas son, et para lavrar e parar ben a dita cortiña et para vos pagar de cadauun anno as ditas çinco livras ao dito dia no dito tenpo et conprir e agardar as condiçoens desta carta e cadauna dellas obligo todos meus beens gaañados e por gaañar. Et eu o dito (mestres)colla vigario sobre dito, por quanto eu achey e soon çerto que o dito aforamento he prol e boon paramento da dita igleia de S(anta Maria) a Madre e dos capellaens dela por juramento que sobrelo reçeby do dito Garçia Rodrigues, por ende outorgo este dito afora(mento et) dou poder e liçençia e outoridade ao dito Garçia Rodrigues que o faça na maneira que o fas et entrepono degredo ao dito aforamento que valla e aia firmedue asy e na maneira que he feyto. Posto foy e outorgado entre nos ditas partes que qual quer de nos que contra elo pasar e o non conprir e agardar que peyte aa outra parte que o conprir e agardar quiser por nome de pena çen moravedis da boa moeda, et a dita pena pagada ou non esta carta e aforamento e todo o que en ela he contiudo valla e fique firme no dito tenpo. Feyta a carta en Ourense o postrimeiro dia do mes de março, era de mill e quatroçentos e des e oyto annos. Testemunyas Johan Ledo clerigo do coro d’Ourense, Martin Algesyra ome do dito vigario, Estevo Anes yrmao de Apariço Anes que foy, Johan Caldellas morador en Seyxalvo.

+ o que herdar.

Et eu Afonso Anes notario poblico d’Ourense porlo bispo e porla igleia desse lugar que a esto que sobre dito he presente foy et esta carta que delo dey ao dito Johan Martines escrivy e meu nomme e signal aqui fige en testemunyo de verdade que he tal.

(sinal)

[reverso] Carta de aforamento de Garçia Rodrigues capellan de Santa Maria la Madre.