GMH/ÍNDICE A-Z

D206
1459, maio, 23
Xoán de Faveiros outorga poder ao notario Pedro Fernández e ao zapateiro Gonzalo de Cusanca no preito que mantén con Tareixa de Catasóns. (fols. 62v-63)
Poder que Joan de Faveiros de San Cosmede deu a Pero Fernandes notario et a

Gonçalvo de Cusanca çapateiro.

Anno de LIX a XXIII dias de mayo en Ourense, Joan de Faveiros morador en San Cosmede deu seu poder conprido a Pero Fernandes notario et a Gonçalvo de Cusanca çapateiro vesiños d’Ourense et a cada hun delles, enno pleyto que ha con Tareyja de Catasoons, moradeira en Catasoons, que esta por ante o mestre escolla, et proseguilo et faser todos e quaes quer autos e provanças e juramentos (fol. 62v)
et pedyr sentenças e consentyr en elas et apelar etç. poder jeeral et abastante etç. Tests. Gomes Yanes carpenteiro, Pero de Lemos et Jacome escripvano, Fernando de Çelanova.