GMH/ÍNDICE A-Z

Referencias da busca neste documento para: Documentos da Catedral de Lugo. Século XV

1060
1440, outubro, 8 sábado. Lugo

Testamento de María Fernández no que nomea herdeira universal dos seus bens á igrexa de Lugo.

MADRID, AHN, Cód. 419 B, f. 2 v.
   

Ano del nasçimiento de nostro senor Jhesu Christo de mill et quatroçentos et quareenta anos, dia savado, ocho dias del mes de outubre. En a çiudade de Lugo en as cassas da Lagoa, en que agora mora Maria Fernandes de Bollano, en presençia de min notario et testigos a iuso escriptos, iasendo a dita Maria Fernandes doente de sua infermidade, dentro en as ditas casas, pero con todo seu sisso et entendemento, qual Deu tebo por ben delle dar, logo a dita Maria Fernandes disso que mandava a sua alma a Deus et o seu corpo sepultar en a iglesia cathedral de Lugo onde prouvese a o dean et cabidoo da dita iglesia. Et outrosy que ela que ia avia feyto seu testamento et suas mandas en o qual et fora del avia deyxado et tomado por seu fillo, herdeyro en os coutos de Fermille et de Damille et en todos los outros seus beens mobeles et rayzes et semoventes, a Fernan Dias de Riba de Neyra, que ela que agora que revocaba et revocou o dito testamento quanto a a dita instituyçon de herdeyro et todo outro qualquer contrato et estipulacion et coudeçillo, ou perfillaçion, en que ela ouvesse reçebido ou resçebese a o dito Fernan Dias por seu fillo herdeyro en todos los ditos beens, ou en qualquer parte delles, et que todo ho revocaba, casava et anulava por quanto o dito Fernan Dias lle fora ingrato et dosconosçido, et por outras coussas que a elo ha movian et moberon, et que de sua propia et libre voontade et con todo seu sisso et entendemento deyxaba et deyxou por seu herdeyro universal a a dita iglesia de Lugo et dean et cabildo dela en os ditos coutos et en todos los outros seus beens mobeles et rayses et semobentes, et obligaçoes et devedas avidas et por aver que ela avia et tina et lle perteesçessen, ou perteesçer devesen, en qualquer maneyra ou por qualquer rason en poder de quaesquer perssona ou personas que fosen. Et outrosy disso que se o dito Fernan Dias quisese dar mill froriins por los ditos dous coutos, segundo que lle el a ela prometera, que a dita iglesia et dean et cabildo dela lle deyxasse os ditos coutos et reçebesse del os ditos mill froriins, et que mandava et mandou os dusentos deles a o dito dean et cabildo porque lle fezesen suas onrras et ha sepultasen, et que os outros oytoçentos os despossesen en prol de sua alma fasendolles hun aniverssario, ou como elles visen que mays era proveyto de sua alma. Et que esto deyxava et deyxou por seu testamento et ultima voontade despoys de sua morte, et que mandava et queria que valuese como seu testamento, et se non podesse valer como testamento que valuesse como codeçillo, et se non podese valer como codeçillo que valuesse como sua pustrimeyra voontade, ou por aquella via como mellor et mays conplidamente podia et devia valler de dereyto. Et desto que outorgava et outorgou un contrauto de testamento, ou de coudiçillo, ou de sua pustrimeyra voontade o mays forte et firme que se podesse faser et notar en dereyto reuquando (sic)  quanto a o aqui contiudo outro qualquer testamento, ou codeçillo, ou postremeyra voontade, ou contrauto que sobre elo ouvese feyto.

Que foy feyto et outorgado ano, dia, mes et lugar sobreditos.

Testigos que foron presentes: Roy da Barba, et Gonçalvo Peres, Diego Rodrigues, Afonso Fernandes de Gonçe; Fernando et Ares, criados de Lopo Dias, mestrescola da iglesia de Lugo; et Roy de Castro Afonsin, para esto espeçialmente chamados et rogados.

Et eu Pedro Afonso, canonigo et notario publico da dita ciudade et obispado de Lugo por lo senor Obispo et iglesia desse lugar, a todo o suso contiudo con os ditos testigos presente foy, et este instromento de manda et testamento, codeçillo et postremeyra vontade por outro fige escrivir seendo eu ocupado de outros negoçios, et aqui puge meu nome et signal acostumado en testemoyo de verdade que he tal.

Rogado et requerido.

Petrus Alfonsi, canonicus, notarius.