GMH/ÍNDICE A-Z

Referencias da busca neste documento para: Documentos da Catedral de Lugo. Século XV

955
1417, novembro, 26. Lugo

O Cabido de Lugo afóralles a Afonso Yanes, á súa muller e a unha voz unha casa na rúa de Burgo Novo e un horto próximo ós da Régoa, por renda anual os primeiros beneficiarios de oito marabedís e dez marabedís a voz, máis outras obrigacións.

MADRID, AHN, Cód. 416 B, f. 128 v.- 129 r.
       

Sabeam quantos esta carta de aforamento viren como nos o dean, chantre, persoas, coengos et benefiçiados do cabiidoo da iglesia de Lugo seendo juntados en noso cabidoo dentro en o coro da dita iglesia por canpaa tangida, segundo que avemos de uso et de custume, et de liçençia et abtoridade de Lopo Ferrnandes, coengo de Lugo, rendeyro prinçipal dos aniversarios da dita iglesia, que esta presente et outorgante, avendo primeyramente noso consello et deliberaçon, damos aforo et avervo a vos Afonso Yanes de Montenegro, notario da çiudade de Lugo, et a vosa muller, Maria Lopes, et a outra persoa qual o pustrumeyro de vos nomear en vida ou a tenpo de seu finamento, et se por ventura non for nomeada que seia quen herdar vosos bees de dereyto, huna nosa casa, que he dos ditos aniversarios, que esta en a çiudade de Lugo en a rua de Burgo Novo, en a qual moraron Juan Ferrnandes, dito chantre, et Moor Ferrnandes, sua muller, a qual esta junta da huna parte con outra casa que he dos ditos aniversarios, et da outra parte fere en outra praça que he parte dela do Mosteyro Novo, a qual he sub signo da Capela / de Santiago de Lugo, a qual vos aforamos con sua cortina et seydo et con todas suas entradas et saydas et iures et agoas vertes. Item vos aforamos mays et a a dita vosa muller et persoa, que suçeder en o dito foro, hun orto, que he tanben dos ditos anyversarios, que ias açerca dos ortos da Regoa entre hun orto de Alvaro do Campo et outro orto de Pedro Carnyçeyro, et cabo de outro orto de fillos de Roy Lopes, mercador que foy, et da outra parte esta outra cortina que ten en foro do Bispo de Lugo Ares Vasques de Vaamonde, a qual he sub signo da Capela de San Pedro desta çiudade de Lugo, a a tal pleito et condiçon que vos façades et reparedes a dita casa de todo o que lle feser mester d’aqui ata dous anos primeyros seguentes et ha tenades feyta et ergida et en boo paramento, et o dito orto labrado et çarrado; et dedes de foro et penson en cada hun ano, vos et a dita vosa muller en vosas vidas, oyto maravedis de moneda vella et de longos en esta maneyra: çinquo moravedis por la dita casa et tres maravedis por lo dito orto, et a terçeyra persoa que suçeder en o dito foro que de et pague de foro et de penson cada ano dez maravedis de moneda vella et de longos por la dita casa et orto, et que os paguedes en cada hun ano por dia de San Martino de novembro a o dito Lopo Ferrnandes, coengo, ou a aquel que for rendeyro prinçipal dos ditos aniversarios. Et a finamento da pustrumeyra persoa que suçeder en o dito foro que a dita casa fique feyta et cuberta et ben reparada de todo o que lle feser mester, et o dito orto lavrado et çerrado a a dita iglesia de Lugo et aniversarios dela, cuias son, con todos los boos paramentos que y foren feytos.

Et eu, o dito Afonso Yanes de Montenegro, que presente estou por min et por la dita mina muller et persoa que suçeder en o dito foro asy reçebo este dito foro de vos, o dito cabidoo, por las maneyras et condiçoes que ditas son, et obligo meus bees et seus de o comprir et pagar et atender en todo segundo et en a maneyra que dita he. Et nos, o dito cabidoo, asy vos lo outorgamos. Et porque esto seia çerto et firme nos as ditas partes rogamos et mandamos a o notario iuso escripto que fesese desto duas cartas de foro anbas feytas en hun tenor huna para vos, o dito Afonso Yanes, et vosa muller et persoa et a outra que a lançase en o livro de nos, o dito cabidoo, et as signase de seu signal, et por mayor firmedue mandamos seelar a carta de vos, o dito Afonso Yanes, con o seello do dito cabidoo.
Que foy feyto et outorgado dentro en o coro da dita iglesia de Santa Maria de Lugo, viinte et seys dias do mes de novembro, ano do nasçemento de noso senor Jhesu Christo de mill et quatroçentos et dez et sete anos.

Testemoyas que foron presentes et outorgaron esto que dito he: dom Juan Martines, dean de Lugo; don Afonso Lopes, chantre; don Diego Alvares, arçidiago de Neyra; Lopo Afonso, arçidiago de Deçon; Lopo Dias, mestrescola; Rodrigo Afonso, juys; Lopo Ferrnandes, Juan Lopes, Fernan Peres, Nuno Gonçalves, Afonso Martines, coengos; Fernando Ferrnandes, Fernan Rodrigues, Afonso Rodrigues, Roy Ferrnandes, raçoeyros da dita iglesia, et outros.

Et eu Pedro Ferrnandes de Silvarrey, notario publico da çiudade de Lugo por la autoridade do senor Obispo et iglesia dese lugar, a esto que dito he con as ditas testemoyas presente foy, et esta carta fis scripvir et aqui puge meu signal en testemoyo de verdade que tal he (signo).

Pedro Ferrnandes, notario.

Como quer que este foro foy feyto et outorgado a Afonso de Montenegro et sua muller et persoa da dita casa et orto por oyto moravedis: çinquo por la casa, et tres por lo orto; aforaron despoys a Afonso Cavaleyro ho orto por tres moravedis et a Afonso de Montenegro a casa por çinquo moravedis de cada ano por sua vida et de sua muller et d’outra persoa, et non val este primeyro foro. Et que he çerto eu Pedro Ferrnandes de Silvarrey, notario, et eu, o dito Lopo Ferrnandes, firmamos de nosos nomes.

Pedro Ferrnandes, notario.

Luppus, canonicus lucensis.