GMH/ÍNDICE A-Z

Referencias da busca neste documento para: Documentos da Catedral de Lugo. Século XV

1143
1462, xaneiro, 7. San Paio

Tareixa Afonso dóalle a Vasco das Seixas herdades nas freguesías de San Miguel de Costante, San Salvador de Castelo e Santalla de Pradeda.

MADRID, AHN, Carp. 1333 B/16, perg. orix., galego, cortesá, 405 x 365 mm.
   

Sabean todos quantos esta carta de donaçon viren como eu Tareija Afonso de Costante, herdeyra ligitima et universal que foy et fiquey por meu padre, Alvaro Rodrigues d’Outeyro, en todos los seus bees mobiles et rayses que foron et ficaron do dito meu padre, outorgo et conosco que dou a vos Vasco das Seyxas, fillo de Fernando Gomes das Seyxas et de Lionor Gomes, o meu lugar de Costante et con a erdade a que chaman do Vilar d’Infançoos, et jasen sub o signos de San Miguell de Costante et de Sam Salvador de Castelo et de Santa Alla de Pradeeda, et en todos seus terminos et jurdiçoes et senorios et con todos seus esjidos et praças et prados et montes et fontes, rios manentes et correntes et estancos, et con todo o senorio et dereitos, que ende eu ey, et con todas suas pertenenças et dereituras, que me ende perteesçe et perteesçer deve; das quaes ditas herdades et casas et arvores et formaes vos faço a dita donaçon a Deus et a vosa ventura para que as demandedes et aiades para vos et para vosos herdeyros et suçesores por jur de herdade para senpre jamays et audiçon, et parto de min todo o senorio et dereyto et jur et posison et propiedade, que me pertesçe en as ditas herdades et casas et en a qualquer parte delas, et ho paso en vos, o dito Vasco das Seyxas, et en vosa vos por la tradaçion da presente carta, pura et libre anplesmente, et para que as ajades et tenades para agora et para senpre jamays, et para que vos et vosos herdeyros et suçesores fagades delas et de parte delas et en elo et en cada cousa delo todo o que a vos et a eles aprouver, et as posades vender et enpenar, promugar et distraer et pasar en outra persona por qualquer rason asy de ultima voontade como entre vivos ou cabsa mortis por la tradaçion desta carta que en mao de vos, o dito Vasco das Seyxas, dou et paso en vos o senorio das ditas herdades et casas con todos seus peytos et dereytos et rendas et con todas suas pertenenças et dereyturas, segundo dito he, a quasi posison de todo elo, et constituyo asy poseer todo lo en corporal et poseer todo lo corporal en os ditos beens rayses et en cada hun deles fasta aqui me pertesçen, et douvos poderio expreso para que posades por vosa abtoridade entrar os ditos bees et cada huuns deles et tomar et cont[...]n a quasy posison delas et de quaesquer deles, segundo dito he de suso, et prometo eu, a dita Tareija Afonso, por min et por todos meus herdeyros et suçesores a vos non recobrar a dita graça et donaçon en todo, nen en parte delo, por cabsa alguna, engratitudine ou qualquer que seia. Et por esta carta confeso et outorgo que faço a vos, o dito Vasco das Seyxas, a dita donaçon, segundo dito he, en remuneraçon de quantias et ajudas et mercedes que me avedes feyto et atendo de reçeber en quanto viver, et para esto teer, complir et gardar renunçio todas las leys et dereitos, canonicos et çeviis, et estituçoes et costituyçoes et custumes que contra o que dito he non vaa, nen pase, eu, nen outro, nen outros por min en nihun tempo que seia, et se algun y ha que contradiga esta dita donaçon que faço por pauto expreso de o non legar, nen contradiser, nen yr contra ela, nen a revocar, nen meus suçesores, sub pegna de çen floriis de ouro et de peso et de [conto] que vos perga de pegna et por pegna et a vosos herdeiros et suçesores se contra elo foro, ou pasar en qualquer maneira, et que todavia valla esta dita donaçon, et dou poder [a vos, o dito Vasco das Seyxas, et pido et rogo a quaesquer juises et justiçias da Corte de noso senor el Rey et de] todas las çibdades et vilas et lugares que vos pona et apodere en os ditos beens et vos defenda et anpare a vos et a vosos herdeyros con esta dita donaçon et con os ditos beens, et vos pona et apodere en os dereytos corporal et rayal. Et porque seia çerto outoguey esta carta de donaçon ante o notario et testemoyas de juso escriptas.

Que foy feyta en San Payo, a sete dias do mes de janeiro, ano do nasçemento de noso senor Jhesu Christo Christo (sic) de mill et quatroçentos et sesenta et dous anos.

Testemoyas que foron presentes: Alvaro Almorja et Afonso de Lamas et Lopo de San Jurjo et Pedro de Montouto, et outros.

Et eu Rodrigo Afonso d’Adae, escripvano de noso senor el Rey et seu notario publico en a sua Corte et en todos los seus Reynos et senorios, a todo esto de suso escripto presente con os ditos testigos et puje aqui meu nome et signo en testemoyo de verdade (signo).

Rodrigo Afonso, notario publico.