GMH/ÍNDICE A-Z

Referencias da busca neste documento para: Documentos da Catedral de Lugo. Século XV

949
1417, setembro, 8 mércores. Lugo

O Cabido de Lugo afóralles a Fernando García e a dúas voces herdades, casas... en Vilafiz por renda anual de 20 marabedís.

MADRID, AHN, Cód. 416 B, fs. 121 v.- 122 r.

Ano do nasçemento de noso senor Jhesu Christo de mill et quatroçentos et des et sete anos, quarta feira, oyto dias do mes de setembre.

Sabeam quantos esta carta viren como nos o dean, chantre, et persoas coengos et benefiçiados da iglesia de Lugo seendo juntados en noso cabidoo por campaa tangida, segundo que avemos de uso et de costume, con outorgamento de Lopo Ferrnandes, coengo de Lugo, rendeyro prinçipal dos aniversarios da dita iglesia de Lugo, que esta presente et outorgante, damos aforo et avervo a vos Fernando Garçia de Villafiiz, fillo de Fernan Afonso de Vigo et de Maria Yanes, sua muller, que foron, et a outras duas persoas despoys de voso finamento, huna qual vos nomeardes et outra qual nomear aquela que por vos for nomeada, as erdades et casas et arvores et formaes et beens rayses que os ditos aniverssarios am en Villafiis, as quaes vos aforamos con todas suas entradas et seydas et jures et dereyturas et montes et prados et pascos et pertenenças, a montes et a fontes, per ut quer que vaa sub signo de Santa Maria de Villafiis, segundo as tina et usava o dito Juan Eanes, a tal pleyto et condiçon que vos lavredes et tenades bem lavradas as ditas erdades et as casas feytas et cubertas et en boo paramento; et dedes et paguedes de foro et penson en cada un ano, a o moordomo et rendeyro dos bees dos ditos aniverssarios, viinte moravedis curtos, de dez dineiros novees cada moravedi, por dia de San Martino de novembro en paz et en salvo en a çiudade de Lugo, et que os paguedes en a moneda que se pagaren os outros aniverssarios da dita iglesia de Lugo, et non pagando vos ou as ditas persoas ou qualquer delas este dito foro por espaçio de dous anos continuuns que por ese meesmo feyto perga o dito foro asi vos como elas; et outrosi que cada huna das ditas persoas que suçeder en o dito foro seian tiudas et obligadas cada huna de o viir reçeber en o dito cabidoo et mostrar en o dito cabidoo como he persoa et foreyro del do dia que en el quedar et suçeder por persoa ata triinta dias primeyros segentes sub pena de perder o dito foro; et a finamento da postrimeira persoa que suçeder en o dito foro que as ditas erdades et arvores fiquen labradas et ben reparadas et as casas feytas et cubertas et en boo paramento a a dita iglesia de Lugo et a os aniverssarios / dela cuias son con todos los boos paramentos que y foren feytos.

Et eu, o dito Fernando Garçia, que presente estou por min et por las ditas persoas asi reçebo este dito foro por las maneyras et condiçoes sobreditas, et obligo meus bees et das ditas persoas de o comprirmos et pagarmos et atendermos segundo et en a maneyra que dita he. Et nos, o dito cabidoo, con consentimento do dito Lopo Ferrnandes, coengo rendeyro dos ditos aniversarios, asi vos lo outorgamos. Et porque esto seia çerto nos as ditas partes rogamos et mandamos a o notario iuso scripto que fesese delo duas cartas de foro anbas feytas en um tenor huna para vos, o dito Fernando Garçia, et persoas que suçederen en o dito foro, et outra que a lançase en o livro de nos, o dito cabidoo, et por mayor firmidoe mandamos seelar a carta de vos, o dito Fernando Garçia, con o seelo do dito cabidoo.

Que foy feyto et outorgado dentro en o coro da dita iglesia de Lugo, era et dias et mes sobreditos.

Testemoyas que foron presentes et outorgaron esto que sobredito he: don Juan Martines, dean de Lugo; don Afonso Lopes, chantre; don Diego Alvares, arçidiago de Neyra; don Lopo Afonso, arçidiago de Deçon; don Lopo Dias, mestrescola; don Rodrigo Afonso, juys; Lopo Ferrnandes, Afonso Teyxeyro, Juan Lopes, Rodrigo Ares, Fernando Rodrigues, Fernando Peres, Afonso Ares, Nuno Gomes, coengos; Pedro Ferrnandes, Afonso Rodrigues, Juan Ferrnandes, Afonso Ferrnandes, raçoeyros da dita iglesia; Mestre Johan, porteyro do dito cabidoo; Fernando Eanes, sancristan, et outros.

Et eu Pedro Ferrnandes de Silvarey, notario publico da çiudade de Lugo por la autoridade do senor Obispo et iglesia dese lugar, a esto que dito he con as ditas testemoyas presente foy et esta carta fiz scripvir et aqui puge meu signal en testemoyo de verdade que tal he (signo).

Pedro Ferrnandes, notario.