GMH/ÍNDICE A-Z

Referencias da busca neste documento para: Colección diplomática medieval do Arquivo da Catedral de Mondoñedo

155

1436, xaneiro, 7. Orrea.
A abadesa das monxas de Orrea outórgalle foro dunhas prazas sitas na rúa Grande da vila de Ribadeo ó deán de Mondoñedo Pedro Mariño de Lobeira.
A, perg., con signo notarial, de 246 x 365 mm. Letra semigótica.
Ed.: e. cal pardo: “El Monasterio de “Dueñas” de Santa Comba de Orrea”, Estudios Mindonienses, 1 (1985), pp. 66-67.

Sepan quantos esta carta de aforamento viren commo nos donna Maria Lopes abadesa de o moesteyro de santa Coonba d-Orrea que he enna diocesis et obispado de Mondonedo con outorgamento / das donas do noso moesteyro et convento que para o negoçio ajuso escripto foron espeçialmente chamadas por canpaa tangida segundo que o avemos de vso et de costume de se en tal caso / faser aforamos et damos a foro por jur de herdade perpetuamente para senpre jamais a uos don Pedro Marinno de Lobeira dean enna iglesia de Mondonnedo et a todas vosas / voses que depois de uos vieren as nosas plaças que nos avemos enna vila de Ribadeu que agora jasen en terra queymadas que foron de Diego Yanes de Cabanela et de Tereija Afonso / sua muller as quaes ditas plaças estan enna rua Grande da dita vila de Ribadeu con todos seydos et dereitos et cousas a elas perteesçentes do çeo aa terra et segundo que as vsauan / et posuyan os sobreditos Diego Yanes et Tereija Afonso sua muller et segundo que millor et mais conpridamente as vsaron et posuyron os outros seus anteçessores que vieron ante et depois del por nos et / en noso nomme et do dito noso moesteyro. As quaes sobreditas plaças se departen et determinan da hua parte das plaças et casas que foren de Diego Basanta et da outra parte / das plaças et casas que foron de Juan Fernandes carpenteyro et da outra parte da rua Grande. As quaes ditas plaças asy determinadas vos asy damos a foro segundo susodito he por / contia de duas libras de çera de cada hun anno por dia de San Martinno de nouenbro. Et avedes de seer uos o dito dean et vosos herdeiros et voses que en voso nomme et voz vieren et her/daren as ditas plaças en prol et honrra do dito moesteiro et donas del et avendose de vender as sobreditas plaças por uos o sobredito dean ou por vosos herdeiros et voses et cada / hua delas que seja ante requerido et frontado o dito moesteiro et abadesa et donas del. Et querendoas tanto por tanto que as ajan por lo justo pre preço et non as querendo que as vendades / a tal persona que pague ben o dito foro et repare as ditas plaças. Para o qual dito foro asi feito a uos o sobredito dean de Mondonedo termos et guardarmos nos as sobreditas abade/ssa et donas et convento del obligamos os beens do dito moesteyro a uos defender a dereito agora et a todo tenpo et a vosos herdeiros et voses que depois de uos vieren enno dito foro. / Et eu o dito dean asi reçebo o dito foro et plaças et obligo meus beens avidos et por aver a pagar a uos a dita abadesa et donas et convento do sobredito moesteiro en cada hun / anno as sobreditas duas libras de çera segundo dito he. Et nos as sobreditas abadessa et donas et convento do sobredito moesteiro por nosas suçessoras asi uos aforamos et damos / et outorgamos o dito foro das sobreditas plaças segundo dito he con as ditas condiçoes. Et eu o dito dean por min et por todas minas voses que depois de min vieren asi o re/çebo. Et por que seja çerto nos as ditas personas mandamos delo faser duas cartas de foro aanbas en vn tenor por lo notario infrascripto signadas de seu sinal. Que foy feita et outorgada / dentro enno moesteiro de santa Coonba d-Orrea sabado sete dias do mes de janeiro anno do nacemento de noso sennor Jesucristo de mill et quatroçentos et trinta et seys annos. Testigos / que a esto foron presentes Juan Enrriques canonigo de Mondonedo et Pedro Gomes do Barredo notario et Juan Fernandes de Grannanoua et Juan Gommes de Cordido criado do dito dean et outros.

Et eu Pedro de Horozco canoigo et notario publico jurado dado do bispo de Mondonnedo enna sua çibdat de Vilamayor et en todo o seu obispado a todo esto / que sobredito he con os ditos testigos presente foy et esta dita carta de aforamento por mandado das sobreditas abadesa et donas do dito moesteyro / et a pedimento do dito dean escripui et aqui en ela puge meu signal acostumado que tal he en testemoyo de verdade rogado et requerido. (Signo)

(Reverso):
B. 50. N. 04. Cajon 1º. Legajo 10. Foro que feso o moesteyro de santa Coonba d-Orrea ao dean de Mondonnedo de hua plaça que esta enna vila de Ribadeu enna rua Grande.