GMH/ÍNDICE A-Z

Referencias da busca neste documento para: Documentos da catedral de Lugo. Século XIV

587
1352, marzo, 13. Mosteiro de Chouzán
A abadesa do mosteiro de Chouzán, Elvira Díaz, outórgalle a Leonor Gómez poder para dispoñer das súas propiedades.
MADRID, AHN, Cód. 417 B, fol. 49v, incluída en: 1352-VIII-8, (CD n.º 589).

Sabeam quantos esta carta virem commo eu donna Elvira Dias, abbadesa do moesteyro de Sant Estevoo de Chouçan, con outorgamento da prior et do convento dese miismo lugar, mandamos a vos Leonor Gomes, nossa companeyra, que façades vosa voontade de todas las vosas herdades que vos avedes, que as possades emprasar, et vender, et supinorar, et aforar, et faser delas todas las cousas que for vossa voontade et vosa prol de todas las vosas herdades para senpre, tirante ende a herdade de Suar, que esta su signo de San Lourenço, que ha de ficar a o moesteyro sobredito a pus vosa morte, et obligamos que nunca contra esto pasemos nos, nen outren por nos, en ningun tempo. Et que esto seia çerto et non venna en dulta mandamos a Iohan Vidal, notario de Temees et de Villauxe, que fesese ende esta carta.

Que foy feyta en Chouçan trese dias de março, era de mill et tresentos et noveenta annos.

Testemoias que a esto foron presentes: Pedro Sanches et Affonso Eanes, clerigo, et Iohan Ferrnandes, Pedro Veloso et Fernan Rodrigues et Iohan Domingues, et outros.

Et eu Iohan Vidal, notario de Temees et de Villauxe en lugar de Roy Ferrnandes notario publico del rey en Galisa, que a esto que dito he foy presente et per mandado da abbadesa et convento sobredito et a pedimento da dita Leonor Gomes esta carta escrivi et este signal y fis en testimonio de verdade que tal he.