GMH/ÍNDICE A-Z

Referencias da busca neste documento para: Documentos do arquivo da catedral de Ourense (1289-1399)

137
1319, marzo, 25
venda

O mosteiro de Santo Estevo de Ribas de Sil, con autorización do bispo, véndelle a Xoán Xiráldez, coéngo, un casal en Soutopenedo por 500 mrs.

Con data de 2 de xaneiro de 1320 consenten dous monxes que estiveran ausentes na dita venda.



ACOu, Escrituras XIV, 33

Enno nomme de deus amen. Sabeam (...) Domingo Eanes abbade do moesteiro de Santo Estevoon de Riba de Sil e o (...) convento desse meesmo lugar salvo Johan Fernandes et Vivian Fernandes frades desse moesteiro sobredito que non foron presentes os guardando, e consiiramdo en commo aviamos enalleado e forçado per gran tenpo ha huum casal derdade que aviamos enna villa de Souto de Penedo et entendendo que fariamos mays nosso prol de cobrarmos alur per el outra erdade, vendemos a Joham Gira[l]dez coengo de Ourensse o dito casal a monte e a fonte con todas sas perteenças hu quer que as aia e as deva a aver por iur derdade para senpre para el e para toda sua vos, et reçebemos delle en prezo deste casal quinentos mor. de diñeiros portugueses contados dez e seis pares por tres mor., de que nos outorgamos por ben pagados. A qual vendiçon lle fasemos por mandado e por outorgamento de nosso señor dom Gonçalvo pela gra de deus bispo de Ourensse que nolo mandou vender, entendendo el que era mays prol do moesteyro de metermos estes diñeiros en outra posissom mays preto de nos, et este mandamento e outorgamento do bispo foy por ante Tome Anes notario do nosso couto de Santo Estevoon e testemoyas adeante so escriptas, convem a saber dom Martin Fernandez prior de San Pero de Rocas e Johan do Valle e Pero Luyntra mongies do dito moesteiro de Santo Estevoon, Fernando Moogo clerigo do coro rector da igleia de Maçeedo, Joham Giraldes e Fernan Giraldez sobriños do abbade sobredito. Este outorgamento fes o dito bispo en presença de min Tome Anes notario sobredito e outorgou no paaço do bispo et por estas testemoyas sobreditas. Et nos, abbade e convento sobreditos por esta presente carta metemos o dito Joham Giraldez e sua voz en corporal e verdadeyra possyssom do dito casal. Feyta foy esta carta desta vendiçon no dito moesteiro de Santo Estevoon, xxv dias de março, era de mill e ccc e lvii annos. Testemonyas que foron presentes a esta vendiçon Johan Perez juyz do couto sobredito de Santo Estevoon, Fernan Eanes seu fillo, Johan Fernandez et Joham Fernandez moradores na villa do Poonbar que e na friiguesia do dito moesteiro, Joham Martinez dito Vaffador morador en Azevedo.

Et eu Tome Anes notario do couto sobredito que a esto presente chamado e rogado foy e esta carta escrivi e meu sinal en ello pugen em testemonyo de verdade que atal he.

(sinal)

Despoys desto, dous dias de janeyro na era de mill et ccc e lviii annos os ditos Johan Fernandes e Vivian Fernandez mongies do dito moesteiro que non foron presentes no cabidoo com os outros frades, en presença de min Tome Anes notario do couto sobredito de Santo Estevoon e das tests. que adeante som escriptas estes sobreditos Joham Fernandes e Vivian Fernandez outorgaron e ouveron por firme e por valledeyra para senpre esta vendiçon que se reconta ena carta de çima ao dito Joham Gira[l]dez coengo e a sua voz para senpre. Testemonyas Johan Perez retor da igleia de Moura, Pero Eanes dito do Alcouçe morador en Moura, Johan homme de Pero Luyntra frade do dito moesteiro.

Et eu Tome Anes notario sobredito do couto de Santo Estevoon de Riba de Sil que a esto presente foy e o escrivi e meu sinal y pugen en testemonyo de verdade que atal he.

(sinal)

[reverso] Carta por que Johan (...) foy de Santo Estevon.