GMH/ÍNDICE A-Z

557
1350, maio, 12. Rocha de Narla

Acta notarial na que se recollen determinadas precisións sobre a compra efectuada por Fernán Gómez no couto de Xiá.

MADRID, AHN, Carp. 1332 E/22, perg. orix., galego, gótica cursiva, 131x135 mm.

Era de mill et tresentos et oytenta et oyto annos, dose dias do mes de mayo.

Estando no canpo da Rocha de Narrla, en pre[sencia de] min Gonçalvo Varela, notario, et das testemoyas que iuso son escritas, feso pregunta Feran Gomes das Seyxas a Gonçalvo Sorrdo, se separavan o sesto do couto de Giae, et as herdades et moynos et parte do dito couto que o dito Gonçalvo Sordo avia vendudo a Iohan Eanes d’Ansirys, que o dito Fernan Gomes avia comprado a o dito Iohan Yanes, et o dito Gonçalvo Sordo diso que se non paravan o dito sesto et cousas do dito couto de Giae, nen das herdades et casas, moinos, igarios nen leigaryos, que os ey vendidos a Yohan Yanes d’Ansyriz et prazme moyto de os vos avedes et todo dereyto que eu avya enno couto douvo-lo en pura doaçon, a que acharen mays valedeyra. Et eu, o dito Fernan Gomes, asy dyguo a este notario que mo de synado para garda de meu dereyto.

Testemoyas que foron presentes: Estevoo Rodrigues de Graregal et Vasco Peres de Rodeyro et Roy Foçynes.

Et eu Gonçalvo Varela, notario publico enno couto da Comenda da Rocha de Narrla por lo mestre da orden de Santyago, a esto foy presente, este testemoyo escrivi, aqui puge meu nome et sinal que tal he en testemoyo de verdade. (+).