GMH/ÍNDICE A-Z

Referencias da busca neste documento para: Documentos da Catedral de Lugo. Século XV

1196
1470, outubro, 25. Lugo
O vigairo lucense afóralles a Fernán Serbelo, á súa muller e a dúas voces o casal, casas e muíño de Freán na freguesía de Santa María de Sirvián, por renda anual de cinco fanegas de centeo.

MADRID, AHN, Carp. 1333 C/4, per. orix., galego, cortesá, 215 x 360 mm.

Sepan quantos este publico instromento de foro viren como eu Juan Afonso, chantre da iglesia de Lugo, et provisor et vigario geeral da iglesia et obispado de Lugo por lo senor don Garçia de Vaamonde, Obispo de Lugo, oydor da Abdiençia del Rey noso senor et do seu Consello, et por poderio que eu de sua merçede teno, aio et para todo a juso conteudo, et sendo çertificado, enformado por çertos testigos dinos de fe et de creer de como el casal et casas et muyno chamado de Frayan, que es do dito meu senor Obispo, el qual ias es sito, locado en a terraria de Serbian et sub o sino de Santa Maria de Servian, a o presente iasen as ditas casas en ermo et o dito moyno chaido de pies, derrocado asi en campo et todo desipado et deformado et moynos das herdades del en campo en ermo en tal maneira que rende moyto de renta a o dito meu senor Obispo et sua mesa obispal, et bendo et entendendo como o a juso conteudo es feito a prol et probeito et boo paramento do dito senor Obispo et de seus sobçesores et mesa obispal, por ende ho aforo et dou en vervo et foro el dito casal et moyno et casas, erdades del a vos Fernan Çerbelo et a vosa muller, Ynes Fernandes, et a outras duas personas despoys de postremeiro de vos qual vos nomeardes en vida ou a tempo de voso finamento, et non sendo asi nomeada la una persona que seia aquela persona que vosos bees herdar de dereito ou a mayor parte delos, et la outra persona que seia aquela persona que por aquela for nomeada; o qual todo vos asi aforo, segundo dito he, a tal pleyto, condiçon que vos façades, levantades, corregades logo as ditas casas et moyno et tenades asi todo labrado, coberto et el moyno moente, corrente et saquedes de canpo todas las herdades do dito casal donde iouveren en canpo, et dedes et paguedes de todo elo de foro et pençon, en cada un ano, a o dito senor Obispo çinquo fanegas de çenteo linpo de poo et de palla, medidas por medida dereita, postos en pas et en salvo en esta çidade de Lugo en a tulla do dito senor Obispo desde dia de Santa Maria de agosto fasta Santa Maria de setenbre de cada un ano, sub pena de perderdes vos, ou as ditas personas, o dito casal et moyno por lo non pagardes por dous anos; et mays que cada una das ditas personas que asi sobçeder en o dito foro que seia obligada de se viir a nomear por persona do dito foro do dia que en el sobçeder por foreiro fasta trinta dias primeiros seguentes, se non que por ese mesmo feito de lo asi non fazer este dito foro seia en si ninguno et de ningun valor; et que vos et as ditas personas todos tenades todo labrado, coberto, levantado, el moyno moente, corrente, et todo en tal maneira que non se perga por mingoa de labor et voo paramento; et a o finamento da postremeira persona que asi o leixedes et fique todo labrado, reparado, quito, desenbargado a o dito senor Obispo et sua mesa obispal con todos los boos paramentos que en todo elo foren ou esteveren feitos.

Et eu, o dito Fernan Servelo, por min et para as ditas mina muller et personas asi o reçebo et con todas las condiçoes et maneiras antes nomeadas, et obligo a min et a todos meus bees et delos de o teer, gardar, conplir, atender et dar, pagar todo segundo en a maneira que dita he. Eu, o dito provisor, asi vos lo outorgo, et obligo os bees da dita mesa obispal do dito senor Obispo de vos lo fazer saao et de pas, et que vos non seia a vos nen a elos tomado nen reçebido por mays nen por menos que outro por el o dia nen prometa, salvo se vos ou elos fezerdes o contrario do que dito he et non conprides as maneiras et condiçoes suso nomeadas, et sobre todo lo que dito he vos outorgo una carta de foro forte et firme.

Feito et outorgado en a dita çidade, a vinte et çinquo dias de outubre, ano do senor de mill et quatroçentos et setenta anos.

Testigos: Martin Ferrnandes de Vervetouros; et Ares de Santa Alla; Afonso Ares, Fernando Mourelo, et outros.

Et eu Juan Afonso, chantre, provisor et vicario geeral da iglesia obispado de Lugo por la abtoridade do senor Obispo et iglesia dese lugar, a esto que sobredito he eu Juan de San Martino, notario publico da çidade obispado de Lugo por la dita abtoridade, presente foy et este foro segundo por min pasou por min escrivi, et puje aqui meu sino et nome por mandado do dito provisor et vicario. Et non enpesca por disir arriba en a soscricion Juan Alonso chantre et provisor et vigario geeral et todo foy error de min o dito notario que o escribi.