GMH/ÍNDICE A-Z

136
1433(?), febreiro, 12

Gomes Rodrigues, mareante de Pontevedra, vende a Gonçalvo da Barca, morador en Santa María de Couso, e a outros tódalas propiedades que lle pertencen en San Jurjo de Vea.

(f. 66)

Este dia. Sabean todos que eu Gomes Rodrigues (...), besiño da villa de Pontevedra, que soo presente et que faço por mĩ et por todas mĩas bozes, non costrengudo por força nen por engãno resçebido, mas de mĩa libre et propia voontade, vendo firmemente et outorgo por jur de herdade para todo senpre a vos Gonçalvo de Barqua, morador ẽna fiigresia de Santa Maria de Couso, que sodes presente, et a vosa moller Maria Gonçalves et a vosas vozes et sua et a Juan Eanes Sibron (?), morador ẽna fiigresia de Santa Maria de Frades, absente, et a vosa moller Maria Eanes, en hũa meatade desta venda adeante contiuda, et a vos Rodrigo Afonso de Bandin, morador ẽna fiigresia de San Pero de Carcaçia, eso mesmo absente, et a vosa moller Tareija Eanes et a todas vosas vozes, ena outra meatade, todas las herdades, casas, casares et plantados que eu ey et a mĩ perteesçen ẽna fiigresia de San Jurjo de Vea et arredor dela, as quaes herdades casas et casares et plantados a mĩ perteesçen por parte et herança de Afonso Miguelles, cuja alma Deus aja, meu avoo, et de mĩa madre Sancha Afonso, et por outra qualquer rason que me perteescan; et vendo, como dito he, as ditas herdaes, casas, casares et plantados onde quer que vaan, a montes et a fontes ẽna dita fiigresia et sua herdadura, con todas suas entradas et saydas et perteensças et dereituras que lles perteesçen et perteesçer deven por contia de oytenta mrs. de moeda vella, contando a branca en tres dineiros, os quaes ditos oytenta mrs. da dita moeda eu resçeby de vos o dito Gonçalvo de Barqua por vos et en nome dos sobre ditos, en presença deste notario et testemoyas, et dos quaes me outorgo por entrego et pago a toda mĩa voontade; et renunçio a toda enxençon que nunca ende diga o contrario en juiso nen fora del, et seo diser que me non valla, et se mas val esto que eu asi vendo a vos o dito Gonçalvo de Barquo et a dita vosa moller et aos sobre ditos, segundo que de suso vay declarado, douvoslo et outrogo a vos et a eles en pura, justa et saa doaçon para todo senpre asi como doaçon mellor pode et deve seer et de derito mas valer ontre bivos. Et todo jur, senorio, posison, propiadade, vos dereito et auçon que eu ey et aaver devo en todo o sobre dito de mĩn et de todas mĩas bozes o tiro et tollo et en vos o dito Gonçalvo de Barquo ut ẽna dita vosa moller et vosas bozes en hũa metade, et en vos o dito Rodrigo Afonso et ẽna dita bosa moller et bosas vozes ẽna outra metade, o poño et traspaso et removo por esta presente carta de venda que vos ende delo dou et outrogo en lugar de señorio et posison corporal; et quero et outorgo que façades delo et en elo, cada hũus en sua metade, toda vosa libre voontade como de vosa cousa propia, et prometo et outorgo de vos anparar et defender, con esto que vos vendo, de todo enbargo por senpre, por mĩ et por meus bẽes que a elo obligo, et so pena do doblo da dita contia que vos peyte por pena a vos os sobre ditos et a vosas vozes eu ou mĩas vozes seo si non toveremos, conpriremos et contra elo vieremos et, a pena pagada ou non, esto como dito he este senpre firme. Que foy outorgado na dita villa de Pontevedra, ano, dias, mes sobre ditos. Et eu o dito Gonçalvo de Barquo, que asi soo presente, por mĩ et en nome da dita mĩa moller et do dito Juan Eanes et sua moller et nosas bozes, en hũa metade, et do dito Rodrigo Afonso et sua moller et suas vozes, ẽna outra metade, asi o resçebo. Testemoyas que foron presentes, ut supra, Juan Fernandes, pintor, et Juan de Cabral.

Feita.