GMH/ÍNDICE A-Z

404
1340, maio, 28. Lugo
O deán e o Cabido de Lugo concédenlles en precario a Tareixa Pais e María Pérez media leira do monte de Avelaedo e unha porción da herdade do Pazo, en Santa María de Marei. Os beneficiarios, asemade, fanlle doazón ao Cabido da outra metade da leira mencionada.
MADRID, AHN, Cód. 416 B, fol. 30r.

In Dei nomine amen. Sabeam quantos esta carta viren commo nos Fernan Aras, dayam, et o cabidoo da iglesia de Lugo, damos et avervamos a vos, Tereyia Pellaes et Maria Peres, fillas de Orraca Martines et de Pay Neves que foron do Paaço de Maaree, por en todos vosos dias d’anbas et duas, a meatade da leyra do monte de Avelaedo, fora o quinon de Tereyia Rodrigues. A qual leyra iaz entre a leyra de Pedro Çibraes o vello, et a leyra de Pedro Çibraes de Maaree o nino, assi commo vay con sua presa et con seu monte, sub signo de Sancta Maria de Maaree. Et avedes a lavrar et parar ben a dita leyra et manteela en boo estado. Outrosi vos damos mays et desenbargamos a quinta de toda a herdade chamada do Paaço que he en Maaree, que foy de don Rodrigo, que a aiades et tenades segundo se conten no vervo porque a dita Orraca Martines tina avervado a quinta da dita herdade do Paaço.

Et eu, a dita Tereia Pellaes, asi reçebo de vos, os ditos dayan et cabidoo, a dita leyra et quinta da dita herdade sobredita, por min et po-lla dita mina yrmaa, et dou et outorgo a vos, o dito cabiidoo, que aiades para senpre por iur d’erdade por min et en nome da dita mina yrmaa, por la qual obligo a faser de paz, a outra meatade da a leyra sobredita do monte de Avelaedo. Et esta meatade desta leyra vos dou por minna alma et po-lla alma desta mina yrmaa po-llos novos que poder render a meatade da dita leyra que nos avervades. Et a tempo de finamento de min et da dita mina yrmaa deve afficar toda a dita leyra d’Avelaedo et quinta do dito casal a vos, o dito cabidoo, para amiistraçon do mes de deçenbro, con todos los boos paramentos que y foren feitos. Et se algun dereyto han os aniversarios na dita leyra salvo lles fique para o aver. Et nos dayan et cabidoo outormos (sic) esto que dito he. Et por que esto seia çerto nos as ditas partes rogamos a Ruy Fernandes, notario publico de Lugo, que feçese desto duas cartas en hun tenor tal huna commo outra.

Que foron feitas en Lugo viinte et oyto dias de mayo, era de mill et CCC LXX VIIIº annos.

Testemoyas que foron presentes: o sobredito dayam; don Aras Pellaes, thesoreiro; Iohan Fernandes, raçoeyro de Lugo; Affonso Peres Ianeyro et Affonso Eanes, clerigos do choro de Lugo ts., et outros.

Et eu Ruy Fernandes, notario publico de Lugo dado por auctoridade do bispo desse miismo lugar, a esto commo dito he presente foy et a rogo das partes sobreditas esta carta en mina presensa fis escrivir et puge en ella meu signal en testemoyo de verdade.