GMH/ÍNDICE A-Z

721
1372, xullo, 2. Lugo
O deán e o Cabido de Lugo afóranlle a Einés López e a dúas voces a herdade dos aniversarios en San Martiño de Río e Vilapedre, freguesías de San Vicente de Toldaos e San Fiz de Vilapedre, por renda anual de 15 marabedís.
MADRID, AHN, Cód. 420 B, fol. 12r.

Sabeam quantos esta carta virem commo nos, o dayan, et cabidoo da iglesia de Lugo con outorgamento de Iacome Peres, rendeyro dos aniversarios, aforamos a vos Eynes Lopes d’Armesto et a duas persoas depus bos a huna qual vos nomeardes a vosso finamento et a outra qual nomear aquela que vos nomeardes, a herdade que os aniversarios da iglesia de Lugo an en San Martino de Rio et en Vila Pedre, sub signos de San Martino de Rio et de San Viçenço de Toldaos, et de San Fiis de Villapedre, con suas dereyturas et pertenenças, a qual herdade demitiu Maria Lopes, a frayra, porque a non podo manteer, et ia o dito Iacome Peres tinna reçebuda porque lle non pagaran o foro avia seys annos. Et vos, a dita Eynes Lopes, et as ditas perssoas avedes a lavrar et parar ben as ditas herdades et manteer as casas en boo estado et dar, de cada anno, a aquel que tever os aniverssarios, quinse moravedis longos em pas et em salvo na villa de Lugo por Natal, da moneda que pagaren os outros foros da iglesia de Lugo, et a pasamento de vos et das ditas persoas an de ficar as ditas herdades livres et quitas a a iglesia de Lugo con todos los boos paramentos que em elas foren feytos.

Et eu, a dita Eynes Lopes, por min et por las ditas persoas, assy reçebo o foro das ditas herdades et obligo meus bees por min, et por las ditas perssoas, para faser et pagar o que sobredito he. Em testemoyo desto as ditas partes rogaron a min Domingo Peres, notario publico de Lugo, que fesese duas cartas en hun thennor, huna enno livro do cabidoo et outra para a parte.

Que foy feyta en Lugo, dous dias de iullio, era de mill et quatroçentos et des annos.

Testemoyas: dom Roy Ferrnandes, dayan; don Gonçalvo Eanes, chantre; dom Rodrigo Afonso, arçidiago de Deça; dom Alvar Rodrigues, arçidiago de Deçon; don Diego Gomes, thesoreyro; Thomas Gonçalves, coengo; Alvar Ferrnandes, raçoeyro na iglesia de Lugo, et outros.

Et eu Domingo Peres, notario publico de Lugo por lo sennor obispo dese lugar, a esto presente fuy et a rogo das ditas partes esta carta en minna presença aqui fis scrivir et puge y meu signal.