GMH/ÍNDICE A-Z

Referencias da busca neste documento para: Documentos da catedral de Lugo. Século XIV

737
1374, maio, 29. Lugo
O deán e o Cabido de Lugo afóranlle a Pedro Rodríguez e a unha voz unhas casas na rúa Nova por renda anual de 30 marabedís o primeiro beneficiario e 36 marabedís a voz.
MADRID, AHN, Cód. 420 B, fol. 15r.

Sabeam quantos esta carta virem commo nos, o dayan, et cabiidoo et omes boos da iglesia de Lugo, seendo iuntados en noso cabidoo enno coro da dita iglesia por campaa tangida, segundo avemos de uso et de custume, aforamos a vos Pedro Rodrigues, scripvan, criado de Lourenço Yanes de Lamas, as nossas casas anbas, que perteesçen a os aniversarios da dita iglesia de Lugo, que estan enna rua Nova sub a capela de Santiago [...] o portal do moesteyro de San Françisco, as quaes ditas casas estan iuntadas huna con outra sub hun teyto et cubertura, et estan departidas huna d’outra por huna sebe de varas que feseron entre anvas, ennas quaes ditas casas mora agora en huna delas, en aquela que esta contra o portal de San Françisco, Tareyia Yanes, muller que foy de Rodrigo Arias, coyteleyro, et esta iuntada de huna parte con outra casa en que mora Fernan Rey, carniçeyro, et enna outra casa, que esta contra a Carniçeria, mora Iohan Rodrigues, correeyro, et esta iuntada con outra casa en que mora Iohan Çapateyro, et estas ditas casas saen os portaes grandes delas na rua publica, et os outros portaes mays pequenos topan enno saydo et orta das ditas casas que se parte por huna parede do termino do dito moesteyro de San Françisco, as quaes foy toda huna casa et feseron dela duas moradas por la estermança da dita sebe que lle poseron en medio, et fasemos-vos delas foro con outorgamento de don Gonçalvo Yanes, chantre da dita iglesia de Lugo, et de don Rodrigo Afonso, arçidiago de Deça, et de Arias Peres, coengo, rendeyros et teedores por nos das rendas et bees que perteeçen a os ditos aniversarios, que estan presentes, por en toda a vida de vos, o dito Pedro Rodrigues, et de huna pesoa despoys de vos qual vos leyxardes enno dito foro das ditas casas, en vosa vida ou a tempo de voso finamento, et se de vos non for nomeada que seia aquel que ficar voso herdeyro de dereyto; et vos et a dita pesoa avedes de manteer as ditas casas en voo estado et paramento et teerlas ben feytas et reparadas de guisa que non cayan por mingoa de portaes et de cobertura et de reparamento. Et a o finamento da dita pesoa am de ficar as ditas casas a os ditos nosos aniversarios feytas et cubertas et ben portadas et reparadas con todos los outros boos paramentos et meioramentos que y foren feytos. Et vos, o dito Pedro Rodrigues, avedes a pagar por renda et foro das ditas casas, de cada anno, em toda vosa vida, a o rendeyro et teedor das rendas dos ditos aniversarios, trinta moravedis, d’oyto soldos o moravedi, da moneda usual de noso sennor el rey don Enrrique, ou d’outra moneda que se valla con eles, a os prasos acostumados de cada anno, segundo pagan os outros que teen casas aforadas ou alugadas dos ditos aniversarios em esta dita çiudade. Et a dita persoa que ficar nas ditas casas, commo dito he, despoys de vos ha de pagar, de cada anno, por renda et foro delas a o rendeyro dos ditos aniversarios, triinta et seys moravedis da dita moneda, ou d’outra moneda que se valla con ela, commo dito he. Et a seu finamento leixar as ditas casas a nos et a os ditos aniversarios livres et desembargadas, ben feytas et reparadas commo sobredito he.

Et eu, o dito Pedro Rodrigues, que estou presente et reçebente por min et por la dita persoa asy reçebo de vos o dito dayan et cabidoo con outorgamento dos ditos chantre et arçidiago et Arias Peres, coengo, rendeyros dos ditos aniversarios, o dito vervo et foro das ditas casas que me fazedes por la condiçoes sobreditas, et prometo et outorgo por min et por la dita pesoa de teer et guardar et comprir todo o que sobredito he.

Et que esto seia çerto et guardado et atendudo de nos as ditas partes rogamos et mandamos a Iohan Lopes, notario publico en esta çiudade de Lugo, que feçese ende scripvir ou scripvise duas cartas publicas signadas de seu signo, anbas en hun tenor tal huna commo outra, a huna que ha de ficar enno livro do dito cabidoo signada de seu signo, et outra que vos, o dito Pedro Rodrigues, avedes de levar para guarda de voso dereyto et da dita pesoa tanben signada de seu signo et seelada de seelo de çera colgado do dito cabidoo.

Que foron feytas en Lugo, viinte et nove dias de mayo, era de mill et quatroçentos et doze annos.

Testemoyas que foron presentes: don Iohan Afonso, dayan enna iglesia de Lugo; don Gonçalvo Yanes, chantre; don Rodrigo Afonso, arçidiago de Deça; don Diego Gomez, thesoreyro; Thomas Gonçalves, coengo et procurador do dito cabidoo; Fernando Peres et Arias Peres et Afonso Ferrnades, coengos; Afonso Yanes et Iacome Ferrnades et Estevoo Lourenço, raçoeyros; Afonso Ferrnandes, sanchristan; Lourenço Yanes de Lamas, iuyz do sennor obispo de Lugo; Lopo Peres, porteyro do dito cabiidoo, ts., et outros.

Et eu Iohan Lopes, notario publico de Lugo por lo sennor obispo desse lugar, a esto que sobredito he con as ditas testemoyas presente foy et esta carta aqui en minna presença fige escripvir et puge en ella meu signal en testemoyo de verdade.