GMH/ÍNDICE A-Z

Referencias da busca neste documento para: Documentos da catedral de Lugo. Século XIV

747
1376, xaneiro, 15. Lugo
Maior Martínez véndelle a Emilia López todo o que lle pertence no couto de San Martiño dos Condes por 35 libras.
MADRID, AHN, Carp. 1332 F/22, perg. orix., galego, gótica cursiva, 140x123 mm.

Sabeam quantos esta carta viren commo eu Mayor Martines, morador en Vidal, que he en termino de Vilalva, muller que foy de Iohan Sayoan, natural de San Martino dos Condes, vendo a vos Millia Lopes, filla de Lopo Rodrigues de Rodeyro, que foy, todos quantos herdamentos et iures et casas et arvores eu ey et me perteesçen de aver por meus fillos, Iohane et Affonso, que oyve do dito meu marido, Iohan Sayoane, que se finaron menores de ydade et sen testamento. Os quaes herdamentos son enno couto de San Martino dos Condes, ennos lugares de Maçeeda et de [...] de que son sub o dito signo et alur ut quer que y vaan sub este signo. Et reçebo de vos en preço por esta vençon triinta et çinquo libras desta moneda usual, a viinte soldos cada libra, dos quaes dineiros me outorgo por entrega et ben pagada, et obligo-vos todos meus bees para vos la faser de pas; as quaes libras me logo pagastes en presença de notario et testemoyas subscriptas. Et renunçio a exçepçon do aver non contado nen reçebudo que a non possa allegar en algun tempo. Et des oge endeante avede esta vençon en pas vos et vossa vos para senpre.

Feyta a carta da vençon en Lugo, quinse dias de janeyro, era de mill et quatroçentos et quatorse annos.

Testemoyas: Iohan Aras, et Martin Peres de Vidal, et Lopo Ferrnandes, et Vasco Ferrnandes, omes do archidiago de Neyra; et Fernando Afonso, scripvan, ts.

Eu Gonçalvo Peres, notario publico de Lugo, a esto foy presente et scrivi esta carta et aqui puge meu signal. (+).