GMH/ÍNDICE A-Z

Referencias da busca neste documento para: Documentos do arquivo da catedral de Ourense (1289-1399)

175
1328, decembro, 17
foro

O cabido afóralles a Xoán de Milmanda, correeiro, e á súa muller, Maior de Vilas, unha casa na rúa das Chousas, chamada casa do Rigueiro, por 10 libras.

ACOu, Escrituras V, 11

Connuçuda cousa seia a todos que nos dom Vaasco Peres dayam d’Ourense e o cabidoo desse lugar, damos a foro a vos Johan de Milmanda correeyro e a vossa moller Maior de Villas huna casa que nos avemos enna rua das Chousas a que chaman a Casa do Rigeyro por tal condiçon que a reparedes de todalas cousas que ella ouver mester, salvo se caer por fondamento, a que o cabidoo he tiudo de fazer, e dedes dela cada anno en salvo ao dito cabidoo dez libras de diñeiros brancos contado x pares de diñeiros por tres libras e se esta moeda non correr que dedes a estimaçon dela. Et para esto todo assy conprir o dito Johan de Milmanda obligou si e todos seus beens. Et nos o dito dayam e cabidoo obligamos todos nossos beens anparar vos o dito Johan de Milmanda a dereito con a dita casa con as condiçoens do cabidoo. Et se por ventura recreçer contenda entre nos e vos que se parta por dous homes boons do cabidoo tomados a prazer das partes sen outra appellaçon. Esto foy en Ourense, xvii dias de dezenbro, era de mill e ccclxvi annos. Testemunyas que presentes forom dom Affonso Martines thesoureiro, Johan Giraldez e Martin Fernandes coengos desse lugar, Gonçalvo Rella moordomo do cabidoo.

Et eu Affonso Viviaez coengo d’Ourense e chanceler dessa cidade que a estas cousas presente foy e en mia presença as fige escrivir e este meu sinal y puge en testemunyo de verdade.

(sinal)