GMH/ÍNDICE A-Z

157

1420, outubro, 11.
O Concello, visto que o mestre Fernando, cirurxián, a quien Dios perdone, e a súa muller Leonor Garrida, estaban exentos de pagar renda por razón do seu oficio, e a súa muller husava do oficio e era muy cumplideira en el aos veciños, e non era casada e eso mesmo era poble e non conprava nen vendía, exímea do pagamento dos impostos.

Onze dias do mes de oytubre, seendo juntados en consistorio enna notaria de Rui Martines, notario publico da dita çidade segundo que han de usso e de custume Juan Fernandes Abril, alcalle enna dita çidade e Martin Galos, Alvaro Alonso Juliate, Fernan Gonçales do Preguntoiro, Alonso Fernandes Abril, Gomes Rodriges, bachiller e Juan Ares da Cana, jurados, regidores e homes bõos da dita çidade e en presença de min Fernan Yanes, notario publico de noso señor el rey enna sua corte e en todos los eus regnos e escusador por lo dito Ruy Martines, notario e dos testemoyas infra scriptos; enton os sobreditos // alcalle regidores jurados e omes bõos diseron que por quanto maestre Fernando çurgiano a quen Deus perdon e sua moller Lionor Garrida eran quitos de pagar renda por rason do dito seu ofiçio e a dita Lyonor husava do dito offiçio e era muy conplideyra en el aos visiños da dita çidade e non era casada e eso mẽesmo era poble e non conprava nen vendya, que mandavan e mandaron que lle fose gardado o dito privilegio e libertade en esta maneira, que a dita Lyonor non pagase os moravedis en que agora de presente era posta de fallas e que se tornasen os taes moravedis en fallas a os moradores e colaçon onde ela morava e que esto meesmo mandavan e mandaron que a dita Lyonor Garrida non fosse posta nen encanavada nen repartida en renda nen en fallas nen refallas des oje este dia endeante en quanto fosse voontade do dito conçello e que aquel ou aqueles que a encanavasen posessen ou repartissen en renda ou fallas ou refallas que pagasen por ela os morabetines en que a asy repartisen e encanavasen e que davan e mandaron aos alcalles da dita cidade que se eles ou cada hũu deles avyan tomado 40 ou mandado tomar por si ou por outros para eles prenda algũa por los maravedis das ditas fallas en que asy agora era repartida quellos fesessen dar e entregar e desto en como pasou a dita Lyonor pedyo testemoyo para garda de seu dereito. Testemoyas que a esto foron presentes Juan Rasposo e Nuno Vinagre, procuradores e do dito conçello. Vasco Gomes de Marçoa (mercador) e Domingo Longo e Fernan Beeytes serventes do conçello da dita çidade.
 

40  A sílaba “do” corrixida.