GMH/ÍNDICE A-Z

501
1434s/d
Margarida Fernández dimite os bens que ten de Pedro de Sanxiao en Mugares e Meaba. (fol. 155-155v)

Margarida Fernandes.

En este día Margarida Fernandes demetío por sy et por seus fillos e de Gonçalvo Fernandes seu marido os beens que tiña de Pero de Sangiaao enna freigesía de San Martiño de Mugares et de Meava, con condiçon que os foros que tiña feito Alvaro Chepon et a (- - -) moradores en Meava, que os quitase a paz e salvo delles en maneira (fol. 155)

que os ditos Alvaro Çepon et (- - -) non demande a ela nen a seus fillos nen se torne a elles etç. et o dito Joan de Vyla Boa diso que asy o reçebya etç. et que se obrigava de quitar a paz e a salvo ao dito Margarida Fernandes e seus fillos dos foros que o dito Gonçalvo Fernandes fesera aos ditos Alvaro Chepon et (- - -) Tests. Estevo Coello et Afonso Codeiro et Rodrigo Bouçooa et outros.