GMH/ÍNDICE A-Z

Referencias da busca neste documento para: Fragmentos de notarios

A18
1379(, decembro)
Inés Gómez, con licenza do seu marido, arrenda vitaliciamente a Gonzalo Iáñez das Lamas o lugar de Vilarchao, que ela ten aforado do comendador da Batondeira, con condición de pagar a este o foro de tres fanegas de pan e tres libras, e a ela vinte e cinco libras anuais e outras vinte debidas de anos pasados, ou terza de pan se non fai este pago. (fol. 13)
Sabean quantos esta carta viren que eu Eynes Gomes (dou e outorgo en renda)* muller de Alvaro Afonso que he presente e me da poder et lyçençia para esto que se aadeante sige, dou e outorgo em renda a vos Gonçalvo Anes das Lamas e a vosa moller /Tareixa Anes\ que he presente em (toda miña vyda)* estes (V)* IX annos primeiros que veen por (...) libras cada anno, et he posto que vos que me pagedes (...) XX e V libras, e destas kalendas janeiras que veen a hun anno que me pagedes outras XX libras ou ante se vos ante poderdes, e pagando me estes diñeiros que vos o dito Gonçalvo Anes que tenades de min vos et vossa moller em toda miña vida o lugar de Vylarchaao, que eu
teño aforado da comenda da Batondeyra por estas (...) V libras cada anno, e pagaredes ao comendador da Batondeira tres fanegas de pan cada anno e tres libras que por el a de aver e do al que o ajades disemo a deus e lyvre e quite de todo outro embargo, pero que he posto que non me pagando vos o dito Gonçalvo Anes estas vynte libras que fican por pagar que des dos cinco annos passad(...) me dedes terça de todo o pam que deus der enno dito lugar e pag(...) as ditas XX libras que fican por pagar que ajades o dito lugar como (...) que lavredes ben em tal maneira que non defalesca por mingoa (...) e de boo paramento como eu no seia acusado (...) Eynes Gomes e eu o dito Alvaro Afonso obrigamos a vos (...) anparado e defeso (...) (fol. 13)