GMH/ÍNDICE A-Z

Referencias da busca neste documento para: Documentos da Catedral de Lugo. Século XV

1024
1429, abril, 14. Lugo

Leonor Rodríguez dá por válido o traspaso do casal de Xián realizado polo seu irmán o cóengo Afonso Rodríguez a favor do Cabido de Lugo.

MADRID, AHN, Carp. 1332 H/22, perg. orix., galego, cortesá, 196 x 345 mm.
   

Sabean quantos esta carta viren como eu Lionor Rodrigues, filla de Roy Peres da Porta Minaa et de Eynes Afonso, sua muller que foy, a quen Deus perdoe, et muller de Afonso Fernandes de Burgo Novo, que esta presente et outorgante, que por quanto o dito Roy Peres, meu padre, deu et outorgou a Afonso Rodrigues, coengo, seu fillo, meu yrmaoo, en sua partilla por los bees da dita nosa madre, Eynes Afonso, ho casal de Giae, que esta açerca da çiudade de Lugo, et o qual casal o dito Afonso Rodrigues deu et traspasou a o cabidoo da iglesia de Lugo, que aio por firme et rato o dito traspasamento que o dito Roy Peres deu et outorgou a o dito Afonso Rodrigues do dito casal, et eso meesmo o traspasamento que do dito casal feso o dito Afonso Rodrigues en o dito cabidoo. Et prometo que contra esto que dito he non vaa nen pase en nihun tenpo en iuyso nen fora del. Et porque esto seia çerto outorgo delo esta carta por lo notario et testemoyas sub escriptas.

Feyta et outorgada en a çiudade de Lugo, quatorse dias do mes de abril, ano do nasçemento de noso senor Jhesu Christo de mill et quatroçentos et viinte et nove anos.

Testemoyas que foron presentes: o dito Afonso Fernandes, Roy de Segade, et Gomes Ares da Lageosa, criado do dito Afonso Fernandes.

Et eu Johan Fernandes, notario publico da çiudade de Lugo por la abtoridade do senor Obispo et iglesia dese lugar, a esto que sobredito he con as ditas testemoyas presente foy et esta carta por consentemento et outorgamento da dita Lionor Rodrigues fis escripvir, et aqui puge meu nome et signal en testemoyo de verdade.

Johan Fernandes, notario (signo).