GMH/ÍNDICE A-Z

1080
1449, maio, 26 luns. Lugo

O Cabido de Lugo afóralles a Teresa García e a dúas voces unha casa na rúa Nova, freguesía de San Pedro, por renda anual de vinte marabedís.

MADRID, AHN, Cód. 419 B, f. 4 v.

Saban quantos esta carta de foro viren como nos o cabidoo da iglesia de Lugo seendo juntados en noso cabidoo per son de campaa tangida, segundo avemos de uso et de custume, dentro en a dita iglesia açerca da porta por donde soben a os orgoos, avido primeyramente noso consello et madura deliberaçon, damos aforo et averbo a vos Tereyia Garçia de Maçeeda, muller de Juan de Parrega, barbeyro, et a outras duas personas depoys de vos, huna qual vos nomeardes en vosa vida ou a tempo de voso finamento, et a outra qual nomear aquela persona que por vos for nomeada, et se non for nomeada que seia aquella persona que de dereyto herdar vosos beens ou a mayor parte delles, et eso mesmo seia das outras personas despoys de vos, huna nosa casa que esta en rua Noba en esta ciudade de Lugo sub o signo da Capela de San Pedro, a qual foy de Ynes Peres da Barba, con seu saydo et entradas et saydas, segundo que ella a nos perteesçe, et a qual ias en par cabo de outra casa de Fernando de Boloe da huna parte, et da outra cabo de outra casa de Roy do Alpendere, et mays duas leyras de orto que iasen a a Regoa cabo de outra leyra de foy (sic)  de Maria Nova, muller que foy de Gonçalvo Meendes, mercador, da huna parte et da outra cabo de outras leiras de Afonso Lopes de Guayvol et de Johan de Neyra, raçoeyro, et topa en a cortina do Bispo da huna parte, et da outra en o orto que agora ten Juanin, çapateyro, a tal pleito et condiçon que reparedes a dita casa segundo soya estar, et a sobradedes toda ata hun ano et a tenades ben cuberta et reparada vos et as ditas personas despus vos en maneyra que se non perga por mingoa de reparo et tenades as ditas leyras de orto labradas et çarradas et en boo paramento; et dedes et paguedes de foro vos et as ditas personas despoys de vos, en cada hun ano, a nos o dito cabidoo et a nosos suçessores, ou a aquel que por nos ouber de recabdar nosos foros et rendas, por la dita casa et leiras vinte maravedis de longos por dia de San Martino de novembre; et con esta condiçon que qualquer das ditas personas que suçederen en o dito foro despoys de vos que do dia que en el subçeder por foreyra fasta trinta dias logo seguentes se vena mostrar por foreyra do dito foro a nos, o dito cabidoo, ou a nosos suçessores, sub pena que se o asi non feser que por ese meesmo feyto perga o dito foro.

Et eu, a dita Tereyia Garçia, que presente soo asi reçebo o dito foro de vos, o dito cabidoo, por min et por las ditas personas por los modos, maneyras et condiçoes sobreditas, et obligo a min et a meus beens et das ditas personas de complir et pagar et atender todo segundo que en esta carta de foro se conten. Et nos, o dito cabidoo, asi vos lo outorgamos et porque seia çerto outorgamos et mandamos delo faser duas cartas de foro anbas en hun tenor por lo notario iuso escripto huna para vos, a dita Tereyia Garçia, et vosas personas et outra para nos, o dito cabidoo, et por mayor firmeça mandamos seelar con noso seelo a carta de vos, a dita Tereyia Garçia.

Que foy feyta et outorgada en a dita çiudade de Lugo en a dita iglesia et lugar, dia lues, viinte et seys dias do mes de mayo, ano do nasçemento de noso senor Jhesu Christo de mill et quatroçentos et quareenta et nove anos.

Testemoyas que foron presentes: Afonso Martines de Galdo, chantre; Roy Lopes de Aguiar, arçediano de Neyra; Gonçalvo Peres de Carvallido, arçediano de Sarria; Lopo Dias de Freyxo, mestrescola; Gonçalvo Rodrigues de Parrega, thesoreyro; Pedro Ferrnandes, Juan Martines, Juan Vidal, Diego Vasques, Lopo Garçia, coengos da dita iglesia de Lugo.

Et eu Pedro Afonso, canonigo et notario publico da dita çiudade et obispado de Lugo por lo senor Obispo et iglesia desse lugar, a todo o suso contiudo con as ditas testemoyas presente foy et esta carta de foro por outro fige escrivir seendo eu ocupado de outros negoçios, et aqui puge meu nome et signal acostumado en testemoyo de verdade que he tal rogado et requerido.