GMH/ÍNDICE A-Z

1391
1495, setembro, 14. Grolos
Pedro Fernández véndelles a Pedro Vázquez e á súa muller tódalas súas posesións en San Martiño de Vilameá por dezaoito reás de prata.

MADRID, AHN, Carp. 1333 E/11, perg. orix., galego, cortesá, 280 x 225 mm.

Sepan quantos esta carta de vençon viren como eu Pedro Ferrnandes de Progalo, morador en a aldea de Progalo, que presente estou, et non constrengido por força nen enduçido por outra maneira d’engano alguna, mays de boo curaçon et boa voontade, outorgo et conosco que vendo para senpre jamays por jur de vosa herdade a vos Pedro Vasques de Villameaa o vello, et a vosa moller, Eynes Vaasques, que he ausente, et a todos vosos herdeyros, segundo dito he; conben a saber que vos asy vendo todas las minas herdades et casas et arvores et formaas, a montes et a fontes, et con todas suas entradas et saydas que eu, o dito Pedro Ferrnandes de Progalo, teno et aio sub o signo de San Martino de Vilameaa, et que me su o dito signo y perteesçen por parte et erençia de meus fillos, Eynes et Juan, que eu oube et me ficaron de mina moller que foy, Moor Yanes da Pena, que Deus aia, et que se finaron en meu poder menores de ydade despoys da morte da sobredita Moor Yanes, sua madre deles, mina moller que foy, et que me asy sub o dito signo perteesçen por eles et por [luçio] et por la vos de Vasco Fernandes de Vilameaa, todas por onde quer que vaan et iasen sub o dito signo de San Martino de Villameaa. Et resçevo de vos, o sobredito Pedro Vasques de Vilameaa, que presente estades, preço por esta dita vençon des et oyto rayaas de prata, que corren et andan agora en valia de trinta et un pares de brancas, de duas brancas por par, cada branca en tres dineiros, dos quaes ditos des et oyto rayaas de prata da dita moeda eu, o dito Pedro Fernandes, me dou et outorgo por entrego et ben pago a mina voontade, en tal maneira que eu soo contento et pago por quanto mos destes et pagastes en dineiros feitos et contados en presença do notario et testemoyas desta carta. Et des oie dia endiante da feita desta carta tiro a min, o dito Pedro Ferrnandes de Progalo, et a todos meus herdeyros da propiadade et do jur et posison de todos los sobreditos herdamentos et bees rayses, et por la tradiçion desta carta de vençon os dou et demito, pono, movo et traspaso en vos, o sobredito Pedro Vasques, et en a dita vosa moller, Eynes Vasques, et en todos vosos herdeyros para todo sempre jamays, para que fagades deles et en eles et de parte deles todo o que quiserdes et por ben teberdes, et o que verdadeiro senor propiatario deles pode et deve faser, sen meu enbargo ninguno et de todos meus herdeyros, segundo dito he, et todo jur, posison, propiadade que eu, o dito Pedro Fernandes, teno en os sobreditos bees rayses asy por los sobreditos meus fillos como por lusio et por lo sobredito Vasco Ferrnandes de Vilameaa todo de min seia tirado et seia posto et traspasado en vosoutros, segundo dito he. Et obligo a min et a todos los outros meus bees, que me ficaron dos sobreditos meus fillos et que por eles herdei estes et os outros de vos faser saa et de pas esta sobredita vençon et de vos defender senpre con ela et de non yr nen pasar contra ela por ninguna manera et rason que seia. Et porque esta dita vençon seia mays firme et valiosa, renunçio et parto de min et de mina aiuda et favor todas las leys et foros et usos et custumes, escritos et non escritos, asy canonicos como çeviis, et la ley que dis que general renunçiaçion no val, et se as alegar quiser eu, ou outro ou outros por min et en meu nome, que nos non valla en juiso nen fora del et vala esta dita vençon para senpre, segundo susodito he. Et vos dou todo meu poder comprido que tomedes et entredes la posison dos sobreditos beens [...] con justiça ou sen ela como quiserdes et por ben teberdes et fagades como de vosos bees propios, segundo dito he.

Et eu, o sobredito Pedro Vasques de Vilameaa, que presente estou, por min et por la sobredita mina moller et herdeyros asy resçevo de vos, o sobredito Pedro Fernandes de Progalo, esta sobredita vençon que nos fasedes et dades et outorgades. Et eu, o dito Pedro Fernandes, asy vos la outorgo en a maneira que sobredita he, et rogo et pido a o presente notario que vos de et faga çerca delo huna carta de vençon a mays forte et firme que vos a el poder faser et notar con acordo et consello de letrados se mester for, et a os presentes rogo que seian delo testigos.

Que foy feyta et outorgada esta carta de vençon en a aldea de Grolos, que he en o Couto Novo de Pallares, en quatorse dias do mes de setenbro do ano do nasçemiento de noso senor Jhesu Christo de mill et quatroçentos et nobeenta et çinquo anos.

Testigos que foron presentes: Fernan Teyxeiro, morador en Castelo; et Gomes Macho, morador en [Ourel]; et Vertolameu de Casistola, et outros.

Et eu Diego Gomes das Camoyras, escrivano de Camara dos Reys nuestros senores et seu notario publico en a sua Corte et en todos los seus reynos et senorios et notario publico da çibdade et obispado de Lugo por la autoridade do senor Obispo et iglesia dese lugar, a todo esto que sobredito he en un con os sobreditos testigos presente foy, et esta carta de vençon a rogo et pedimiento das sobreditas partes por mina mao a escrivi et meu nome et signo aqui puje en testemoyo de verdade que tal he.

Diego Gomes (signo).