GMH/ÍNDICE A-Z

126

1419, xullo, 5.
En vista de que na cidade non había mordomo que coidase do cárcere, gardase os presos e fixese as entregas e execucións segundo o costume, o Concello delega nos procuradores para que fixesen as xestións diante de Bernal Yanes do Campo, que tiña o cargo de podelo nomear, que o fixese para garda da cidade.

Çinquo dias do mes de julyo. Sabean todos que seendo o Conçello e alcalles e regidores, jurados e omes bõos da çidade de Santiago juntados por crida de anaffil enno sobrado da notaria de min Rui Martines, notario publico jurado da dita çidade segundo que han de usso e de custume, presentes ende Gomes Rodriges, bachiller en Decretos, e Vaasco Fernandes Troquo, alcalles enna dita çidade e Martin Galos e Fernan Gonçales do Preguntoiro e Juan Aras da Cana, regidores, jurados e omes bõos da dita çidade e en presença de min o dito Rui Martines, notario e dos testemoyas infrascritos, enton o dito conçello e alcalles e regidores, jurados e omes bõos, diseron que por quanto ao presente non estava enna dita çidade mayordomo que tovese a cadea e gardase os presos e fesese as entregas e exsecuções segundo que era do custume, por ende que mandavan e deron poder a Garçia Rodriges e Juan Dominges de Lyñares, procuradores, que eran do dito conçello que presentes eran que en nome do dito conçello fossen requirir e frontar a Bernald Yanes do Canpo a que viinna cargo de põer o tal moordomo que eligisse e posesse moordomo perteesçente para gardar a dita çidade e os presos que en ela fosen postos e husasse do dito offiçio do mayordomo, segundo que devya de husar e fezesen sobrelo aquelas protestaçon ou protestações que entendesen que era garda do dito Conçello. Testemoyas que a esto foron presentes Juan Bugeyrete e Vaasco Peres Abril e Juan Garçia Onrrado e Juan Fernandes de Grado, visiños da dita çidade.