GMH/ÍNDICE A-Z

7
1433abril, 13

Teresa Afonso, viúva de Pero Baldraao, arrenda a Pero Cruu, xurado de Pontevedra, a terceira parte do muiño chamado de Perneta, por tempo de oito anos e renda de 20 mrs. anuais.

(f. 5 v)

XIII dias de abril. Sabean todos que eu Maria Afonso, moller que foy de Pero Baldraao, que so presente et que faço por mĩas vozes arrendo a vos Pero Cruu, jurado de Pontevedra et a vosas vozes o terço do meu moyno, desimo a Deus, que chaman da Perneta, que a min perteeçe por herança de Pero Yanes Agulla, meu avoo, et aforovos o dito terço do dito moyño por tenpo doje este dia ata oyto anos primeiros cosiguentes, ẽnos quaes ditos oyto anos et en cada un deles quero e outorgo que levedes as rendas et novidades do dito terço do dito moyño e que dedes a min ẽno dito tempo dos ditos oyto anos, cada un ano en salvo e por elo viinte mrs. de moeda vella contando a branqua en tres dineiros, que montan ẽnos ditos oytos anos çento et sesenta mrs. os quaes ditos çento et sesenta mrs. de vos resçiby en presença deste notario et testemoyas. Et de que me outorgo entrega et paga a toda mĩa voontade et renunçio a toda exençon que nunca ende diga o contrario em juiso nen fora del, et se o diser que me non valla. Et por ende desde oje este dia endeante quero et outorgo que façades do dito terço do dito moyño toda vosa livre voontade como de vosa cousa propia et levedes as ditas rendas et dereituras del o dito tenpo dos ditos oyto anos et devedeslo reparar por vosa custa, en maneira que se non perga et fiindo o dito tenpo dos ditos oyto anos que me fique o dito terço do dito moyño livre et quito et desenbargado de vos et de vosas voses con quanto perfeitio e boo paramento en el foi feito, et outorgo et prometo de vos anparar et defender con o dito terço do dito moyño ẽno dito tenpo dos ditos oyto anos de todo enbargo por min et por todos meus bẽes movles et rayses que vos a elo obligo et so pena de mill mrs. da dita moeda que outorgo de vos dar et pagar de pena por nome de interese se o asi non tever et conprir et contra elo viir et a pena, pagada ou non, este estromento et o en el contiudo este firme en sua revor. Feito na dita villa de Pontevedra, ano, dia, mes sobreditos. Et eu o dito Pero Cruu, que soo presente, asi o resçebo. Testemoyas que foron presentes, Juan de Parada, alfayate, et Juan Rodrigues moyneiro e Juan de Nogeira, medidor do sal et Fernan Reixas, çapateiro, et Alvaro Nabeiro, notario ẽna dita villa de Pontevedra et outros.

Feita. Juan de Nogeira, medidor do sal. Juan Rodrigues, moyneiro et Fernando Reyxas et outros, Juan de Parada (roto) et Fernan Afonso de Vascoes.