GMH/ÍNDICE A-Z

176
1319. Lugo
O Cabido de Lugo outórgalles a perpetuidade un soar na Porta Miñá a Afonso Rodríguez e á súa muller por 32 soldos anuais.
MADRID, AHN, Cód. 1042 B, fol. 58v.

Era de mil et CCC LXVIIte annos XVI [...] carta viren commo nos dayam et cabidoo de Lugo seendo iuntados por campaa tangida commo ne [...] desse lugar, damos et outorgamos por iur de herdade para senpre a vos, Affonso Rodrigues da rua Mynaa, mercador de Lugo, et a vossa muller Thereyia Fernandez, a nossa plaça que he a Porta Mynaa, fora da villa de Lugo, que ias entre la casa de Fernan Bochon da unna parte, et a casa que fui de Affonso Martinez dito Asturao da outra; con suas entradas et saydas et perteenças et dereyturas. Et vos, Affonso Rodrigues, con a dita vossa muller, devedes aiuntar esta plaça con outra vossa que fui do dito Affonso Martines Asturao, et faserdes en essas plaças anbas casa, et aver nos, lo cabidoo sobredito, por senpre iamays por toda essa casa que vos feserdes en essas plaças anbas cada anno por dia de Natal, triinta et dous soldos desta moneda blanca del rey don Fernando que ora corre, ou a valia dela en aquela moneda que correr sen outra contenda nenhua. Et nos, os ditos Affonso Rodrigues et Thereyia Fernandes, assy o outorgamos et havemos por firme commo sobredito he en todo, et obligamosnos a comprirlo et de nunca nos nen outrem por nos contra elo viir en nehuna maneira que seia. Et que esto seia çerto nos, o cabidoo et Affonso Rodriguez et Thereyia Fernandes sobreditos, rogamos Affonso Perez, notario publico de Lugo, que fezesse ende esta carta.

Feyto fui esto era et dia sobreditos.

Presentes foron: don [Martin] Eanes, dayam; don Fernan de Deus, chantre; don Iohan Eanes, thesoreyro; don Johan Bezerra, iuys de Lugo, et outros do cabidoo. Affonso Fernandes, mercador da rua Mynaa; Asenxo, alffayate, ts.

Eu Affonso Perez, notario sobredito, presente fuy et por rogo das partes sobreditas scrivi esta carta et puge y meu sinal.