GMH/ÍNDICE A-Z

Referencias da busca neste documento para: Documentos da catedral de Lugo. Século XIV

199
1322, abril, 1. Lugo
O deán e o Cabido de Lugo dóanlle a Xácome Eanes, contador das racións, unha casa nas cortiñas de San Román.
MADRID, AHN, Cód. 1042 B, fol. 61r.

Era de mill et CCC et seseenta annos, en dia de kalendas abrias. O dayam don Fernan Arias, et os homes boos do cabidoo da iglesia de Lugo, que enton eran presentes, por façeren gracia a Iacome Eanes, clerigo do coro et seu contador das raçoes, deron-le et outorgaron-le en todos seus dias d'este Iacome Eanes, a sua casa que e da messa do cabidoo con sua cortina que esta a as cortinas de sam Romao, en par connas cassas en que soya morar Iohan Peres, clerigo de Santa Maria Alta, que agora ten Domingo Eanes do cabidoo; ena qual cassa agora mora este Iacome Eanes, et este Iacome Eanes a de faser huna casa y cabo esta na cortina, ou alçar esta en sobrado, qual entenderen que e mays proveytosso para a cassa.

Presentes foron: don Fernan Arias, dayam sobredito; Meestre Affonso, archidiacono de Deçon; don Johan Beçerra, juys; don Pedro Savasches, thesoreyro; don Fernan de Deus, chantres; Fernan Alvares, coengo ts.; et Affonso Eanes, raçoeyro; Andreu Peres, Francisco Guilelmes ts.

Et eu Garçia Affonso, notario publico de Lugo, a esto presente foy et por mandado do dito dayam et dos outros scrivi aqui esta carta et puge y meu sinal. (+).