GMH/ÍNDICE A-Z

Referencias da busca neste documento para: Documentos da catedral de Lugo. Século XIV

231
1327, xullo, 31. Lugo
O deán e o Cabido de Lugo arréndanlle ao bispo, durante a súa vida, a administración de setembro no couto de Lugo por 1400 marabedís anuais e outras condicións.
MADRID, AHN, Cód. 1042 B, fol. 64r.

Era de mill et CCC et LX et çinquo annos, esta feyra, pustrimeyro dia de julio. O dayam et o cabidoo arrendaron a don Johan porlla graça de Deus, bispo de Lugo amistraçon do mes de setembro que e no couto de Lugo, deste setembro primeiro que ven en deante por en toda sua vida. Et a de dar cada ano mill et CCCC maravedis desta moeda branca del rey don Fernando, que façen onçe dineiros minos terçeira d’un por cada maravedi. Et a os de pagar assy como he husso et custume das outras amistraçoes da yglesia de Lugo. Et a de teer o mes et dar quatro paes et o vinno et a sobreposta enno seu mes commo he acustumado das outras amistraçoes. Et non deve a descontar grando nen geada ne rouba nen toma salvo de rey o d’inffante ou de ricome que tenna o condado, ou de meyrino mayor.

Et para esto assy conprir noso sennor obispo obriga sy et seus beens, et demais deu por fiadores: don Fernan Eanes, archidiago de Neyra, et don Pedro Roys, juys desta yglesia, elles presentes et outorgantes-se por fiadores.

Testemoyas: don Fernan Arias, dayam; don Fernan de Deus, chantres; don Fernan Eanes, archidiago, o juis fiadores sobreditos; don Pedro Savasches, thesoreyro; Aras Perez et Afonso Gomes, coengos.

Eu Jacome Eanes, notario publico de Lugo, a esto presente foy et escryvi et puge y meu nome et meu sinal en testemoyo de verdade. (+).