GMH/ÍNDICE A-Z

Referencias da busca neste documento para: Documentos da catedral de Lugo. Século XIV

368
1338, agosto, 17. Lugo
Miguel Eanes e María Rodríguez véndenlle ao Cabido de Lugo as súas propiedades nas freguesías de Santiago de Laxosa e Santa Mariña de Cabreiros por 170 marabedís.
MADRID, AHN, Cód. 416 B, fol. 17v.

Sabeam quantos esta carta viren commo eu Migeel Iohanes de Paradella, filo de Ioha Pellaes de Paradella que foy, et eu Maria Rodrigues, filla de Sancha Iohanes que foy, yrmaa do dito Migeel Iohanes, con outorgamento de Iohan Eanes de Manae, meu padre, que esta presente et outorgante, nos todos tres de consuu de boa livre voontade vendemos para senpre a vos, o cabidoo da iglesia de Lugo, para os aniversarios dessa iglesia, todo quanto herdamento et vos o dito Iohan Pellaes avia et aver devia a tenpo de sua morte, asy de compras commo de gaanças et de patrimonio et d’outra maneira qualquer, et nos avemos et nos perteeçe de dereyto, enno Lousado et en Ramir et en outros lugares quaesquer que vaan, sub signos de Santiago de Lageosa et de Sancta Maria de Cabreyros, con todas suas dereyturas et pertenenças, casas, arvores et formaes, a montes et a fontes, per hu quer que vaa, sub os ditos signos, et reçebemos de vos en preço por esta vençon, çento et setaenta moravedis, d’oyto soldos cada moravedi, d’esta moneda del rey don Affonso, de que somos entregos et ben pagados, et renunçiamos a exçepçon do aver non contado; et obligamos nos et todos nossos bees, movelles et rays, para vos fazer senpre esta vençon de paz. Et espeçialmente eu, Migeel Iohanes, para vos faser esta vençon de paz vos obligo todo o herdamento que eu aio et me perteeçe sub signo de San Fiis de Paradella. Et demays eu, a dita Maria Rodrigues, renunçio et prometo a a boa fe que nunca contra esta vençon venna nen passe por raçon de meorydade nen d’engano nen por outra raçon nenhuna. Et para esto conprir et guardar faço iuramento corporalmente taniudos con minas maos. Et estes moravedis sobreditos que de vos reçebemos por esta vençon foron dos dineiros que vos Gomes Peres de Çervantes deu por los herdamentos que de vos conprou en Vilar Pon. Feyto foy esto en Lugo XVII dias d’agosto, era de mill et CCC LXXª et seys annos.

Testemoyas: Ruy Peres, porteiro do cabidoo; Fernan Peres et Pedro Eanes, pedreyros; Iohan Peres, criado de don Pedro Iacome, iuyz; Rodrigo Aras das Cortinas, clerigo ts.

Et eu Ruy Fernandes, notario publico de Lugo dado por auctoridade do bispo dese miismo lugar, a esto que dito he con has testemoyas sobreditas chamado et rogado presente fuy, et vi commo a dita Maria Rodrigues feço o dito iuramento et esta carta escrivi et puse en ella meu signal en testemoyo de verdade.