GMH/ÍNDICE A-Z

400
1340, febreiro, 20. Lugo
O Cabido de Lugo arréndalles, durante quince anos, a Xoán Martíns e á súa muller o casal de Suyllae, en Santiago de Meilán, por 60 marabedís anuais.
MADRID, AHN, Cód. 416 B, fol. 29r.

In Dei nomine amen. Sabeam quantos esta carta viren commo nos o cabidoo da iglesia de Lugo, seendo iuntados en cabidoo enno choro da dita iglesia segudo que avemos de uso et de custume de façer cabidoo, con outorgamento de don Pedro Iacome, iuyz et vigario de don Fernan Aras, dayan desa iglesia de Lugo, arrendamos a vos Iohan Martines, fillo de Martin Peres dito Coroa de Milleyroos, et a vosa muller Aldara Afonso, o noso casal de Suyllae que he dos aniversarios, que he sub signos de Santiago de Meyllae et de Sant Lourenço d’Alveyros et de Santiago de Santmasas, con todas suas dereyturas et pertenenças, casas, arvores et formaes, a montes et a fontes, peru quer que vaan, et con tres casas que son do dito casal. A qual renda vos façemos deste ianeyro que agora pasou ata quinçe annos compridos primeyros que veen en esta maneira, conven a saber que avedes a lavrar et parar ben as herdades do dito casal et tirarlas onde iouveren ealeadas et mal paradas a todo voso poder et trager as herdades deste casal aiuradas por nos o cabidoo, et manteer as casas feytas en boo estado commo vos las ora dan, et mellor se vos mellor poderdes. Et avedes nos a dar cada anno en renda po-lo dito casal, em paz et em salvo enna villa de Lugo, sem desconto nehun, sesaenta moravedis, d’oyto soldos o moravedi, desta moeda del rey dom Affonso, que façen onçe dineiros novees minos terça dun cada moravedi, os trinta moravedis cada anno por dia de Sant Martin et os outros trinta moravedis por dia de Pascoa de Resureyçon, sacado grando ou geada se veer, o que Deus non queyra, que se estime segundo he uso et custume. Et vos ou aquel que morar no dito casal seer quito et defeso commo os outros caseyros desta iglesia de Lugo. Et esta renda sobredita avedes a pagar a nos, ou a os que reçeberen os aniversarios da dita iglesia, en paz et en salvo enna villa de Lugo sen desconto nehun commo dito he, sub pena de dusentos moravedis da dita moeda, que nos los peytedes por nome de pena et interee, non conprindo esto que se en esta carta conte. Et demays que fiquedes teudos a conprir todo esto que dito he. Et estes quinçe annos pasados devedes nos a leyxar o dito casal et herdades del commo ora anda aiurados po-lla iglesia de Lugo, et mellor se vos mellor poderdes, con as ditas casas feytas, livres et quitas a a iglesia de Lugo de vos et de toda vosa voz con todos los boos paramentos que y foren feitos.

Et nos, cabidoo sobredito, obligamos para vos defender con esta renda a dereito. Et nos, Iohan Martines et Aldara Afonso sobreditos, asi reçebemos do dito cabidoo con outorgamento do sobredito vigario do dayam, a renda do dito casal et herdade et obligamos nos et todos nosos bees, moveles et rayz, gaanados et por gaanar, para vos pagar cada anno os ditos sesaenta moravedis et para conprir todas las outras cousas sobreditas et cada huna dellas et sub a dita pena dos duçentos moravedis. Et demays para o asi conprir et guardar en todo commo dito he eu, o dito Iohan Martines, faço iuramento sobre sanctos avangeos corporalmente taniudos con minas maos. Et por que esto seia çerto nos as ditas partes rogamos a Ruy Fernandes, notario publico de Lugo, que feçese desto duas cartas en hun tenor tal huna commo outra.

Que foron feitas en Lugo enno choro da dita iglesia viinte dias de freveiro, era de mill et CCC LXXta et oyto annos.

Testemoyas que foron presentes: don Pedro Iacome, iuyz; don Aras Pellaes, thesoreyro; Andres Peres, Pedro Galvan; Affonso Eanes, Fernan Affonso, Iohan Dias, coengos de Lugo; Iohan Fernandes, Iohan Gutierres, raçoeyros de Lugo; Pedro Migueles, Pedro Fernandes, Affonso Eanes da Pugeda et Afonso Eanes et Rodrigo Eanes et Iohan Peres, Iohan de Lovea, clerigos do choro de Lugo, ts.

Et eu Ruy Fernandes, notario publico de Lugo dado por auctoridade do bispo desse miismo lugar, a esto commo dito he con las testemonias sobreditas chamado et rogado presente foy et vi commo o dito Iohan Martines feço o dito iuramento, et esta carta en mina presença fiz escrivir et puge en ella meu signal en testemoyo de verdade.