GMH/ÍNDICE A-Z

655
1363, xullo, 27
María Muñiz véndelle a Roi López de Aguilar o couto de Mougán por 10 000 marabedís.
MADRID, AHN, Carp. 1332 F/8, perg. orix., galego, gótica cursiva, 241x202 mm.

Era de mill et quatroçentos et hun annos, viinte et sete dias de o mes de iulio.

Sabeam quantos esta carta viren commo eu Maria Moniis, filla de Mony Ferrnandes que foy de Orçillon, de mina livre voontade de bon coraçon vendo a vos, Roy Lopes d’Aguiar, todo meu couto de Mougan, que me a my perteeçe et que me leyxou o dito Mony Fernandes, meu padre, a tempo de seu finamento, con todollos casares, herdamentos et foros que a o dito couto perteeçe et perteeçer deve et a my por el et que eu hy compley et gaaney en qual maneyra quer et me perteeçe, con todas suas herdades, et casas, et foros, et formaes, et dereyturas, et senorio, et igliiareo et leygareo, et con todo las outras dereyturas et cousas que se hussan con o dito couto, con todos seus iures et pertenenças, a montes et a a fontes, et agoas correntes et estantes, et moleyras et pesqueyras, et entradas et seydas, per hu quer que vaan enno dito couto et que le perteeçen su syno de Santa Maria de Mougan. Et reçebo de vos en preço por esta vençon des mill maravedis, d’oyto soldos o moravedi, desta moeda husavel del rey don Pedro, dos quaes maravedis me outorgo et conosco por entrega et ben pagada, et por que os reçeby de vos en boos dineyros feytos et contados, et en escudos de ouro et en paga que os montou; et renunçio a eseixon dos ditos maravedis non avudos nen contados nen reçebudos, que ha non posa alegar per min nen per outre en iuyso nen fora del, et outrosy renunçio toda eseyxon d’enganno que enna dita vençon podese caer, et todos bees et dereytos et ordenamentos que podese alegar para yr contra esta vençon, que me non valan en iuyso nen fora del, et obligo a my et todos meus bees, movelles et reyses, para vos faser senpre esta vençon de pas. Et logo por esta presente carta vos ponno no iur et enna posyson do dito couto, et tiro ende a my et a mina vos para senpre, et todo meu senorio et poderio ende seia tirado et remudado de my et posto en vos, et des oie mays este dia avedeo senpre en pas vos et toda vosa vos pus vos, et conosco et outorgo que se d’aqui adeante aiurar ou pesuyr o dito couto, ou os dereytos del, que eu pesuyo et aiuro por vos et en voso nome precario. Et por que esto seia çerto non venna en dulta rogey a Gonçalvo Peres, notario publico dado por autoridade do senor obispo de Lugo en terra de Palares et no couto de Ferreyra, que vos faça ende esta carta a mays firme que ha poder façer, synada de seu synal en testemoyo de verdade.

Testemoyas que foron presentes: Ares Lopes, clerigo da iglesia de Santa Maria de Mougan; et Iohan Gonçalves, et Affonso Eanes, et Gil Peres, escudeyros de o dito Roy Lopes, et outros moytos ts. Eu Gonçalvo Peres, notario sobredito, a esto presente en commo sobredito he, et por mandado de a dita Maria Moniis et a pidimento de o dito Roy Lopes, esta carta escrivi et puie meu nome et meu synal en testemoyo de verdade que he tal. (+).