GMH/ÍNDICE A-Z

661
1364, marzo, 3. Lugo
O Cabido de Lugo entrégalle ao bispo a igrexa de San Pedro de Líncora e recibe a cambio dúas terzas de San Pedro de Martul, os casais de Saa e Santa María, nove terzas de pan e 60 soldos por San Romao de Retorta e mais os casais de Perros e O Xuriz.
MADRID, AHN, Cód. 416 B, fol. 114v; Libros, lib. 6289 con referencia ao Lib. A, fol. 114.

Sabeam quantos esta carta virem commo nos don frey Pedro Lopes da orden dos preegadores, por la gracia de Deus et da santa iglesia de Roma, obispo de Lugo, et confesor do moy nobre rey don Pedro de Castella et de Leon, da huna parte, et nos don Ruy Ferrnandes, dayan, et omes boos do cabidoo da iglesia de Lugo, da outra, seendo iuntados en cabidoo por campaa tanjuda enno coro da iglesia cathedral, segundo que avemos de huso et de custume, fasemos entre nos tal concanbeo que seia valedeyro para senpre iamays, conven a saber que nos, o dito dayan, et cabidoo damos a vos, o dito sennor obispo, que aiades para senpre a iglesia de San Pedro de Lincora, que he prestamos coesivel da iglesia de Lugo, con todos seus disimos, fruytos et rendas et dereyturas, que a a dita iglesia et prestamo perteesçen et segundo que a senpre husaron et pesuyron os prestameyros que a teveron ata aqui, en tal maneyra que façades dela et de parte dela et dos fruytos et rendas et dereyturas dela o que for vossa merçee et voontade asy commo de vosos bees propios. Et nos, o dito sennor obispo, damos a vos, o dito dayan, et cabidoo en escambea por la dita iglesia et prestamos de San Pedro de Lincora, as duas terças da iglesia de San Pedro de Martul, con todas suas herdades et caneyros et moynos, et con todas las outras herdades et casas que nos y guaanamos, et damos-vos aynda os dous casares d’erdade que nos y avemos que perteesçen a a mesa do bispo con todas suas pertenenças et dereyturas, conven a saber o casal chamado de Saa et outro chamado de Santa Maria, et por estes ditos dous casares de herdade nosos, que vos damos et ajuntamos a as ditas duas terças da dita iglesia, damos et leyxamos en escanbea a a mesa do bispo o casal da costa de Sant Estevoo que he en Castello d’Asma, segundo que o nos guaanamos de Eynes Peres, muller de Affonso Peres de Sober que fuy. Outrossy damos mays a vos, o dito dayan, et cabidoo, nove terças de pan et sesenta soldos, de cada anno, por la meatade da iglesia de San Romao de Retorta con o iur de presentar a a metade dela, et os casares de Osoriz et de Perros, as quaes ditas nove terças de pan et sesenta soldos et casares sobreditos et iur de apresentar a a dita meatade da dita iglesia vos damos segundo que as nos gaanamos de dona Beatris, aya de dona Johanna, muller que fuy de don Fernando de Castro. Et esto todo que vos damos en escambea, segundo dito he, por la dita iglesia et prestamo de San Pedro de Lincora que seian dous prestamos coesiviles, segundo era o dito prestamo de San Pedro de Lincora, et se den a os beneficiados da dita iglesia de Lugo, segundo que se dan os outros prestamos coesiviles dela, et segundo se conten eno contrauto que sobrelo he feyto et ias scripto no noso tombo et eno livro de vos, o dito dayan, et cabidoo.

Et nos, o dito sennor obispo, et dayan et cabidoo assy reçebemos as sobreditas scambeas que nos damos huuns a outros, segundo dito he, et obligamos por nos et por nosos sucessores de as fasermos senpre de paz ena maneyra que dita he, et de non yrmos nen passarmos contra elo en alguna maneyra, et logo por esta pressente carta nos metemos huuns a outros enno iur et possison et propiadade das cousas sobreditas, et de cada huna delas que nos damos en escambea, segundo dito he. Et que esto seia çerto nos, lo dito sennor obispo, et dayan et cabidoo sobreditos rogamos a Aras Peres, raçoeyro, et a Fernan Garçia, notarios publicos de Lugo, que fesesse ende desto publico et publicos instrumentos signados con seu signal, et posese hun deles no livro do cabidoo.

Feyto fuy esto en Lugo, tres dias de março, era de mill et quatroçentos et dous annos.

Testemoyas que foron presentes: don Ruy Ferrnandes, dayan; don Alvar Rodrigues, chantres; don Vaasco Rodrigues, arçidiago de Sarrea; don Rodrigo Affonso, arçidiago de Deçon; don Ruy Gomes, mestrescola; don Diego Gomes, juyz; don Johan Diaz, thesoreyro; Thomas Gonçalves, Gonçalvo Eanes, Fernando Aras, coengos da dita iglesia de Lugo.

Et eu Fernando Garçia, notario publico de Lugo dado por autoridade do bispo desse lugar, a esto presente fuy con Aras Peres, raçoeyro et notario sobredito, et a rogo do sobredito sennor obispo et dayan et cabidoo sobreditos esta carta en minna presença fis scripvir en este livro do cabidoo et puge y meu signal en testemoyo de verdade. (+).

Et eu Aras Peres, raçoeyro et notario publico de Lugo dado por autoridade do sennor obispo desse lugar, a esto que sobredito he presente fuy con Fernan Garçia, notario sobredito, et a rogo dos sobreditos sennor obispo dayan et cabidoo esta carta en minna presença fis scrivir en este livro do cabidoo et aqui puge meu signal en testemoyo de verdade. (+).