GMH/ÍNDICE A-Z

Referencias da busca neste documento para: Documentos da catedral de Lugo. Século XIV

710
1370, xaneiro, 16. Lugo

O deán e o Cabido de Lugo afóranlles a Diego Afonso e á súa muller e a unha voz o casal da Vila, en San Miguel de Vilapedre, por renda anual de 40 marabedís e outras obrigas.

MADRID, AHN, Cód. 420 B, fol. 29v.

Era de mill et quatroçentos et oyto annos, des et seys dias de ianeyro. Sabean quantos esta carta viren commo nos Ruy Fernandes, dayan de Lugo, et as persoas et coengos desa iglesia estando iuntados en cabidoo enno coro desa iglesia, segundo que avemos de custume, aforamos a vos Diego Afonso de Sarrea, fillo de Diego Afonso que foy de Lugo, et a vosa muller, Aldara Gonçalves, por en vossa vida d’anbos et de huna persoa qual o postrimeyro de vos nomear en vida ou a tempo de seu finamento, que seia voso fillo ou filla d’anbos, o casal da Villa que he sub signo de San Miguel de Villapedre, con suas dereyturas et pertenenças, et bos avedes a manteer o dito lugar en boo paramento commo se non perça con mingoa de lavorio et faserdes hun moyno que y esta et enderençalo et cubrirlo et faserlo corrente et moente; et avedes a dar vos et a dita persoa, de cada anno, de foro do dito lugar et do dito moyno, a aquel que tever por nos os aniversarios da dita iglesia de Lugo, quareenta moravedis desta moneda usual en salvo cada anno en Lugo por San Martino de novembro, et a finamento de vos, os ditos Diego Afonso et Aldara Gonçalves, et da dita persoa que para esto for nomeada, que o dito casal et moyno fiquen livres et quitos a a dita iglesia de Lugo con todos los boos paramentos que y foren feytos.

Et eu, o dito Diego Affonso, que estou presente por min et por la dita minna muller et persoa, asy reçebo o dito foro de vos, os ditos dayan et cabidoo, et prometo de o comprir en todo commo dito he.

Feyta a carta en Lugo, era et dia sobreditos. Testemoyas: o dito dayan; don Iohan Dias, chantres; don Vaasco Rodrigues, arçidiago de Sarrea; don Alvar Rodrigues, arçidiago de Deçon; Vaasco Gonçalves, mestrescolla; don Alvar Dias, iuys; don Diego Gonçalves, thesoreyro; Thomas Gonçalves et Fernando Peres, canonigos de Lugo; et Lopo Peres, porteyro do dito cabidoo, et outros.

Et eu Gonçalvo Peres, notario publico de Lugo, a esto foy pressente et fis escripvir et aqui [...].