GMH/ÍNDICE A-Z

Referencias da busca neste documento para: Documentos do arquivo da catedral de Ourense (1289-1399)

123
1316, outubro, 13
venda

María Domínguez e Roi Pérez, titor da súa irmá Mariña, véndenlle ao cabido cinco viñas en Campelos e outros bens, por 750 mrs.



ACOu, Escrituras XIII, 23

Sabeam quantos esta carta viren que eu Maria Domingues moller de Pero Martines da Corredoyra que foy enna una meatade, et eu Roy Peres fillo do dito Pero Martines, tutor de Mariña miña yrmaa pello poder da sobredita carta de tutoria por nomme de essa Mariña para pagar as suas devedas enna outra meatade, vendemos e para senpre outorgamos ao cabidoo de Ourense çinco leiras de viñas que o dito Pero Martines da Corredoyra padre meu e da dita Mariña avia en Canpellos, das quaes leiras a meatade dellas a min Maria Domingues aqueeçeu en partiçon por razon do quinto que me el mandou et a outra meatade aqueeçeu aa dita Mariña sua filla en partiçon entre ella e seus yrmaos, das quaes leiras a mays de fondo iaz entre a herdade que foy de Miguel Paez danbas las yllargas e en fondo fer en outra leira desse Miguel Paez e en çima fer enna herdade que foy de Pero Reymundez e esta amuradella. Iten outra leyra a que chaman da Fonte, iaz entre outras duas leyras de Miguel Paez danbas las yllargas e enno fondo fer enno rego por que vay a augua e ençima entesta ennas viñas de fillos de Pero Colaço. Iten outra leyra que chaman de Meogo, iaz entre entre duas leyras de Miguel Paez danbas las illargas e en fondo fer enno rego da augua e en çima entesta ennas viñas de fillos de Pero Colaço. Iten outra leyra a que chaman do Monte e iaz entre outra leyra de Miguel Paez da una parte e vay una chave della firir enno piteyro que Miguel Paez mandou a Martiño commo, se parte de una yllarga porlo rego da augua que ven entre ela e o piteyro de Martiño e da autra yllaarga iaz una leyra e monte de Santa Maria a Madre e suso fer ennas viñas de fillos de Pero Colaço, esta leyra leva una testeyra de monte suso ao camiño commo vay o monte que foy de Pero Colaço da una parte e da autra o monte de Santa Maria a Madre en dereito de una muradella a festo. Iten outra leyra que chaman de Su o Camiño, iaz entre outra leyra que foy de Moor Aras da una parte e a que foy de Miguel Paez da autra, e en fondo fer enno rego da augua que vay entre ella e a de Miguel Paez, e ençima entesta enno camiño por que van a San Çibrao, as quaes leyras son de foro de quinta ao cabidoo e livres doutro enbargo. Vendemos as ditas leyras ao dito cabidoo que el que as aia en jur de herdade para senpre e faça delas livremente toda sua voontade, por que outorgamos que reçebemos de Miguel Domingues seu moordomo e en seu nomme o preço que a nos e a elles aprouvo en diñeiros contados, conven a saber seteçentos e çinqoeenta mor. de diñeiros portugueses a xvi par por tres mor. Et de mays é posto que o dito cabidoo page as vendas que y montaren et da augua da fonte perteençe a esta venda a quarta e a autra quarta a Miguel Peres e a Roy Peres e a autra meatade a Miguel Paez. Et esta conpra lle vendemos a meatade do curral que está a par da casa de Miguel Paez con todos seus dereitos et por esta carta poñemos a posisson e a propriedade da dita venda enno dito cabodoo. Et para seeren anparados con ella dereito eu Maria Dominguez pola miña meatade obligo meus beens. Et eu Roy Peres pola dita Mariña obligo os seus beens gaanados e por gaañar. Feita a carta en Ourense, xiii dias de oytubro, era de mill e ccc e lª iiiiº annos. Tests. que presentes foron Andres Peres clerigo do coro d’Ourense, Miguel Peres e Martin Peres ommes de Johan Pardo meestre de orgoo, Pero Martines dito Chorete.

Et eu Miguel Peres da Corredoyra notario de Ourense pola igleia desse lugar que a esto presente foy e pidimento das partes esta carta escrivy e meu signal y puge que he tal.

(sinal)

[reverso] Conpra de Canpelos.