GMH/ÍNDICE A-Z

Referencias da busca neste documento para: Documentos do arquivo da catedral de Ourense (1289-1399)

238
1340, febreiro, 3
foro

O cabido afóralle a Beraldo Afonso, arcediago de Búbal, unha casa co seu eixido, xunto á porta da Burga, por 16 libras.

ACOu, Escrituras XVII, 50

Sabeam quantos esta carta viren que nos Pero Suarez dayan d’Ourense e o cabidoo desse lugar seendo juntados por canpaa taniuda enna costra nova de San Martino hu he de costume de se dito cabidoo juntar, damos a foro a vos Veraldo Affonso arçidiago de Buval enna dita igleia e a toda vossa voz para senpre huna nossa casa con seu yxido, a qual casa está a sub a porta da Burgaa ontre outra casa de nos o dito cabidoo en çima en que agora mora Domingo Martines çapateiro et en fondo parte por outra casa en que morou Crimenço Fernandes piteeyro e tem a porta enna rua publica da Burgaa. Et o dito yxido esta a sub outro voso yxido que vos teedes que foy de Estevoon Crespo et vay topar enna arca do cano da Burgaa et derredor corre o rigueiro que ven de Fonte Arcada pela font... por sub as vosas casas. Damosvos a foro a dita casa e yxido con entradas e seidas e con todos seus dereitos e perteenças assy que vos e toda vossa voz a tenades e pessuiades e mantenades a dita casa e yxido e adubedes e reparedes do que lle conprir em tal maneira que non desfalescan por nenhuun mao paramento, et dedes vos e toda vossa voz a nos o dito cabidoo de foro en salvo en cada huun anno por dia de Santa Maria dagosto dez e seys libras de diñeiros brancos da moeda de nosso señor el Rey dom Affonso de que contan xl par de diñeiros novees por tres libras, e livre e quite de todo outro enbargo. Et se vos ou vossa voz quisserdes vender a dita casa e yxido ou obligar, primeiramente o devedes vender ou obligar a nos o dito cabidoo ou a cada huun de nos caa outre polo justo preço, et se a nos non quissermos reçeber venduda ou obligada enton vendede ou obligade a atal pessoa que page o dito foro a nos o dito cabidoo sem enbargo ninhuun. Et se contenda reclezer ontre nos o dito cabidoo e vos o dito arçidiago ou vossa voz sobrela dita casa e yxido ou sobrelo dito foro, que se determine por dous homes boons de nos o dito cabidoo tomados a praser das partes sem outra appellaçon ninhuna. Et nos obligamos os beens da nossa mesa do dito cabidoo para vos e toda vossa voz seerdes anparados senpre a dereito con a dita casa e yxido. Et eu o dito arçidiago assy reçebo a dita casa e yxido a foro, et para manteer a dita casa e yxido e adubar e reparar do que lle conprir e para pagar o dito foro en salvo en cada huun anno a vos o dito cabidoo e para conprir e aguardar todo esto que sobre dito he por min e por toda mina voz obligo min e todos meus beens gaañados e por gaañar. Feyta a carta en Ourense, tres dias de fevereyro, era de mill e tresentos e seteenta e oyto annos. Testemuyas Gonçalvo Rella dobreyro e moordorno do dito cabidoo, Gonçalvo Peres notario, Pero Moogo, Affonso Eanes clerigos do coro.

Et eu Affonsso Lourenço thesoureyro da igleia de Ourense e chançeler dessa çidade a esto presente foy e fis ende fazer duas cartas en hun tenor partidas por .a.b.c. e en cada huna delas puge o meu sinal.

(sinal)

[reverso] Carta da casa e do yxido da Burgaa que aforaron ao arçediago Veraldo Affonso.