GMH/ÍNDICE A-Z

Referencias da busca neste documento para: Documentos do arquivo da catedral de Ourense (1289-1399)

419
1382, marzo, 30
foro

Mencía Iáñez, muller de Afonso Ares de Allariz, escudeiro, con licenza de Vasco Pérez Corvacho, mestrescola, provisor e administrador da Igrexa e bispado de Ourense, afóralles a perpetuidade a Gómez Mosqueiro e á súa muller, Costanza Pérez, un soar na rúa dos Arcediagos que "topa en fondo enna sinoga dos judeus", por 2 libras o día de Nadal.

ACOu, Escrituras XIII, 26


Sabean quantos esta carta viren que eu Meçia Eanes moller de Afonso Ares d’Allaris escudeiro, moradores en Ourense, con outorgamento do dito meu marido que he presente et outorgante et per outoridade e liçençia de don Vaasco Peres Corvacho mestrescola da igleia d’Ourense, provisor e aministrador da igleia e bispado d’Ourense por lo onrrado padre e señor don Pedro de Luna cardeal d’Aragon, delegado en España por noso señor o papa, que he presente et me da poder e liçençia et outoridade para esto que se adeante sige, dou et outorgo a foro a vos Gomez Mosqueiro morador en Ourense na rua do Canpo que sodes presente et a vosa moller Costança Peres que non he presente et a toda vosa vos para senpre huun soar que foi de casas que eu ajo en Ourense na rua dos Arçidiagos, que son e perteeçen aa suçisson que ordenou Eynes Anes miña tia, moller de Martin Geestosa çidadao d’Ourense que foi, que eu teño e me perteençe de dereyto. O qual soar parte duun cabo con outras casas da capela de Seohane et do outro cabo con outras casas que son da suçisson que ora ten Gonçalvo Peres Foçiños escudeiro, et topan en fondo enna sinoga dos judeus, et ten os portaes na dita rua publica dos Arçidiagos. O qual soar que foron casas está perdudo se se non correger, et a dita suçison non ha del nehuna cousa et se perden as outras casas de arredor del et se tornan a min e aa dita suçisson por elo. Por ende aforo vos o dito soar sigundo dito he con suas entradas e seidas e con todos seus dereytos, jures e perteenças, sub tal condiçon que façades casas en el et o ergades e corregades e refaçades de pedra e de madeira e de tella e do al que ouveren mester, et elas feytas e correjudas que dende adeante que as trastelledes e apostedes de todo o que ouveren mester, salvo se caeren por fundamento de parede ou arderen, o que deus non queira, que as correga eu a dita Meçia Eanes ou o que porlo tenpo tever a dita suçison per nossa custa. Et que dedes a min e aos que depois de miña morte teveren a dita suçisson de foro cada anno por dia de Nathal duas libras de diñeiros brancos desta moeda que ora corre de que contan qoreenta par de diñeiros brancos por tres libras ou a estimaçon delas se outra moeda correr. Et do al que ajades o dito paredeiro e soar sigundo dito he livre e quite e desenbargado de todo outro carrego, çensso e trebuto e enbargo alguun, salvo que pagedes fumageen alguna se a y ouver. Et obligo todos os beens da dita suçisson para vos anparar e defender senpre a dereito con o dito soar de casas e con este aforamento que vos del faço sigundo dito he. Et eu o dito Gomes Mosqueyro que soon presente, por min e por la dita miña moller que non he presente e por todas nossas voses para senpre asi o outorgo et reçebo en min o dito soar aforado de vos a dita Meçia Anes porla maneyra e condiçoes sobre ditas, et prometo e outorgo de faser en el casas et as apostar et erguer e reparar ben sigundo dito he, et pagar de cada anno de foro as ditas duas libras por lo dito dia de Nathal, et conprir et agoardar as condiçoens desta carta e cada huna delas. Et para o asy conprir obligo todos meus beens et da dita miña moller avydos e por aver. Et eu o dito mestrescola, provisor e aministrador sobre dito que soo presente, por quanto por min meesmo e con alguuns coengos e pessoas da igleia d’Ourense et con outros vesiños (...) desta çidade foi veer o dito soar et achey que foran casas e eran derribadas por fondamento de paredes et por traves quebrantadas (...)er sen gran custa, et outrosy por quanto reçebi juramento aos santos avangeos da dita Meçia Anes e do dito Afonso Ares seu (marido ...) que fasian das ditas casas ao dito Gomes Mosqueiro e aa dita Costança Peres sua moller e a todas suas voses para senpre (...) paramento da dita suçisson, et eles disseron porlo dito juramento que era asi e que o non fasian por peyto nen por rogo nen por (...) alguna, salvo por que entendian que o dito aforamento era prol e boon paramento da dita suçisson por quanto as ditas casas eran hermas et jasian en casarello et o dito Gomes Mosqueiro e sua moller avian de faser en el casas et corregerlas e repararlas, et outrosy que non achavan quen lles por elo mays desse de foro ca eles. Por ende dou miña liçençia e poder e outoridade aa dita Meçia Anes que faça o dito aforamento do dito soar enna maneira que o fas aos ditos Gomes Mosqueiro e sua moller et a todas suas voses para senpre, et entrepoño a el meu degredo et mando que valla e seia firme para senpre enna maneira que he feito. Et nos as ditas partes poñemos pena que qual quer de nos que contra esto pasar e o non conprir et agoardar que peyte aa outra parte que o conprir e agoardar quiser por nome de penna e dinterese çem moravedis da boa moeda et aa vos del rey outros tantos, et a dita pena pagada ou non esta carta e aforamento enna maneira que he feyto fique firme e valla para senpre. Feyta a carta en Ourense, triinta dias do mes de março, era de mill e quatroçentos e viinte annos. Testemuyas que a esto presentes foron Gonçalvo Ledo e Johan Martines carpenteiro e Johan Cortes omme do mestrescola e Johan Escraque omme de Martin de Montes e Gonçalvo correeyro e Johan Martines Mallo et Pero Lourenço lavrador moradores en Ourense e outros.

Et eu Gonçalvo Oureyro notario publico da çidade d’Ourense por lo bispo e por la igleia desse lugar que a todo esto que sobre dito he presente foy con as ditas testemuyas et en miña presença o fis escripvyr et meu nomme e meu signal aqui puge en testemuyo de verdade que tal he.

(sinal)

[reverso] Cartas das casas de Vasco Peres Corvacho arçediago de Castela
das casas da rua dos Arçediagos que agora ten Ares Gonçalves de Lalin.