GMH/ÍNDICE A-Z

Referencias da busca neste documento para: Documentos do arquivo da catedral de Ourense (1289-1399)

422
1382, novembro, 3
foro

Os clérigos do coro afóranlle a dúas voces a Roi Fernández, escribán, unha casa na rúa do Vilar por 3 libras.

ACOu, Clérigos do Coro, 23

Sabean quantos esta carta viren commo nos os clerigos do coro da igleia d’Ourense e Iohan de Souto clerigo do coro da dita igleia d’Ourense procurador da universidade dos ditos clerigos e Afonso Fernandes capelan de Santa Maria a Madre e reytor da igleia de Santa Maria de Tohem, moordomo dos ditos clerigos, todos presentes e outorgantes e nihuun nen algun non contradisendo, damos e outorgamos a foro a vos Roy Fernandes escripvan morador em Ourense em vosa vida et a duas voses apus vosa morte quaes vos nomeardes asi que vos nomeedes a primeira vos e a primeira nomee a sigunda vos e asy huna pus outra suçesive, et se non foren nomeadas que seja vos aquel ou aquela que de dereito herdar os outros vosos bees. Conven a saber esto que vos aforamos, huna casa que nos avemos em Ourense que está enna rua do Vilar, a qual casa está juntada e parte da huna das partes con a canella por que van da dita porta do Vilar para a igleia da Triindade e da outra parte con hun soar de casa da dita itgeia da Triindade e ten as portas na dita rua publica do Vilar. Damos vos a foro a dita casa commo dito he con suas entradas e saidas e con todos seus dereitos e perteenças, por tal condiçon que a moredes ou façades morar e a trastelledes e reparedes do que lle conprir en tal maneira commo non defalesca por mingoa de labor e de boon paramento. Et he posto que se as ditas casas caheren por fondimento de parede ou por trave britada, o que deus non queyra, que se aposte e repare polo foro que avedes a dar pola dita casa. Et dedes ende vos e as ditas voses de foro em cada huun anno en salvo a nos os ditos clerigos do coro por dia de Natal tres livras de dineiros brancos ou a estimaçon delles na moeda que correr. Et he posto que ajades a dita casa de desimo a deus e livre e quite de todo outro enbargo e encarrego algun. Et se vos ou vosas voses quiserdes vender, deytar ou subpinorar esta dita casa que primeiro frontedes con ela a nos os ditos clerigos do coro e nosla dedes porlo justo preço que outre por ela der ante que a outro alguun. Et obligamos todos los beens da nosa universidade gaañados e por gaañar para vos anparar e defender a dereito eno dito tenpo con esto que vos aforamos commo dito he. Et eu o dito Roy Fernandes que soon presente por min e por las ditas voses asy o outorgo e reçebo en min a dita casa aforada de vos os ditos clerigos do coro e procurador da universidade deles porla maneira e condiçoes sobre ditas, et para morar ou faser morar e a reparar e manteer e pagar o dito foro de cada huun anno e por agardar as condiçoes desta carta e cada huna dellas obligo todos meus beens gaanados e por gaanar. Et he posto penna ontre as ditas partes que quen quer de nos que contra esto pasar e o non conprir e agardar que peyte aa outra parte que o conprir e agardar quiser por nomme de penna e de interese çen mrs. da dita moeda e a dita penna pagada ou non esta carta e aforamento sobre dito fique firme e valla no dito tenpo. Feita a carta en Ourense, tres dias do mes de novenbro, era de mill e quatroçentos e vynte annos. Tests. que foron presentes Martin de Montes coengo da igleia d’Ourense et Ares Lourenço raçoeiro desta igleia e Gonçalvo Peres porteiro do cabidoo e Garçia Peres de Fromesta e Johan Cortes e outros.

Et eu Gomes Peres notario publico d’Ourense porlo bispo e porla igleia dese lugar a esto que sobre dito he presente foy con as ditas tests. e en miña presença o fis scripvir e en esta carta que delo dey ao dito Afonso Fernandes moordomo dos ditos clerigos do coro scripvi meu nome e meu signo aqui fis que he tal en test. de verdade.

(sinal)

[reverso] Carta de foro da casa que está enna rua do Vilar.