GMH/ÍNDICE A-Z

Referencias da busca neste documento para: Documentos do arquivo da catedral de Ourense (1289-1399)

449
1389, setembro, 16
foro

Gonzalo Vázquez, escudeiro, afóralle a perpetuidade a Xoán de Cameixa unhas casas na rúa de Cima de Vila por 20 mrs.

ACOu, Clérigos do Coro, 49

Sabean quantos esta carta viren que eu Gonçalvo Vaasques escudeiro fillo de Vaasco Lourenço escudeyro morador que foy en Ourense e de Aldonça Fonso sua moller que foron, dou e outorgo a foro a vos Johan de Cameyia omme de Johan Sanches de Marquina e a toda vosa vos para senpre hunas casas que eu ey e a min perteençen da parte do dito Vaasco meu padre, as quaes estan enna dita vila d’Ourense enna rua de Çima de Vila a par de hunas casas de Gomes Peres dito Gerra coengo d’Ourense e do outro cabo estan a par de huun soar de casa de min o dito Gonçalvo Vaasques e teen as portas enna dita rua pubrica de Çima de Vila. Aforo vos as ditas casas des dia de Santa Oufemea primeiro que ven endeante et a toda vosa vos para senpre segundo dito he con suas entradas e seidas e con todos seus dereitos e perteenças por tal condiçon que as apostedes e reparedes do que lles conprir e as moredes por vos ou por outre e mantenades en maneira que se non percan por mao paramento, salvo se caeren por fondamento de parede que eu que as aposte. Et dedes ende a min e a miña vos de foro cada anno en salvo por dia de Santa Oufemea de setenbro viinte mor. de diñeiros brancos desta moeda de noso señor el rey que agora corre de que contan des diñeiros por huun mor., do qual foro destes dous annos primeiros que veen que montan quarenta mor. da dita moeda me fesestes pago en diñeiros feitos e que ey ia de vos en meu jur e poder ben e conpridamente, onde me outorgo por entrego e ben pagado. Et do al quero e outorgo que aiades as ditas casas livres e quites de todo outro enbargo pagando delas fumagen acustumada se se delas an de pagar. Et para con elas seerdes anparado et defeso a dereito obrigo vos todos meus beens. Et eu o dito Johan de Cameyia que soon presente por min e por toda miña vos asy reçebo de vos o dito Gonçalvo Vaasques as ditas casas aforadas commo dito he, et para as morar e reparar e apostar e manteer e pagar de cada anno o dito foro e conprir e aguardar todo o que dito he obrigo a vos todos meus beens gaañados e por gaañar. Et qual quer de nos as ditas partes que contra esto que dito he quiser pasar, peyte aa outra parte que o conprir e aguardar quiser por nome de pena çen mor. de diñeiros brancos. Feita a carta en Ourense, des e seis dias do mes de setenbro do anno do naçemento do noso señor Jhesu Cristo de mill e tresentos e oyteenta e nove annos. Tests. Affonso Anes de Vilarnas e Pero Anes escripvan moradores en Ourense e outros.

Et eu Fernan Gonçalves notario pubrico da çidade d’Ourense polo bispo e igleia desse lugar que a esto presente foy e o escripvi e meu nome e signal y puge que tal he.

(sinal)

[reverso] Carta das casas de Çima de Vila.