GMH/ÍNDICE A-Z

488
1396, xaneiro, 8
foro

Rodrigo Ares, dito Chacoto, entrégalle a Martiño de Albán a metade dunha cortiña e chousa, e este afóralla a Afonso de Beredo por 10 mrs.

ACOu, Clérigos do Coro, 77

Sabean quantos esta carta viren que eu Rodrigo Ares dito Chacoto alffayate morador em Ourensse enna rua de Fonte Arcada que soon presente por rason que eu tiiña aforada huna cortiña de chousa que iaz alende a porta d’Ayra, a qual chaman a cortiña de Giizo, de vos Martim d’Alvan et de vossa yrmaa Tereyia d’Alvan moller de Martin Calveyro et agora por quanto eu non poso teer nen lavrar por min meesmo a dita cortiña et me he gran carrega todo o foro que ajo de pagar dela, por ende demytovos a meatade da dita cortyña a vos o dito Martin d’Alvam. Et eu o dito Martin d’Alvan que soon presente asy a reçebo en min a dita meatade da dita cortyña et dou a vos o dito Rodrigo Ares e a todos vosos beens por livres e por quitos em razon da meatade do dito foro da dita cortiña. Testemuyas que a esto foron presentes Afonso Fernandes criado de Affonso jubyteyro et Pero Mariño raçoeyro et Gonçalvo Afonso yrmao de min notario.

Em este dito dia e por estas testemunyas eu o dito Martin d’Alvan dou a foro Afonso de Veredo que sodes presente et a vossa moller Eynes Peres que non he presente et a toda vossa vos para senpre a dita meatade da dita cortiña por tal condiçon que a lavredes e paredes bem et que dedes e pagedes vos e a dita vossa moller e toda vossa vos a min e a toda miña vos de foro de foro em cadauun anno en pas e en salvo por la meatade da dita cortyña des mor. de diñeiros brancos ou a estimaçon delles em outra moeda qual correr por dia de San Martiño do mes de novenbro. Et por este foro ajades a meatade da dita cortiña segundo a min perteensçe et segundo que está demarcada e partida con a meatade da augoa que está enna dita cortyña et con + todalas arvores que em ela estan de dizemo a deus livre e quite de todo outro enbargo et encarrego alguun. Et se quiserdes vender, deytar ou supinorar a meatade da dita cortiña ou parte dela que primeiro seia eu ou miña vos con elo frontados e requeridos et nos seia dada por lo justo preço que outro alguun por ela quiser dar, et non ha querendo eu reçeber por lo dito preço que enton a vendades ou deytedes a atal pessoa que seia semellavil de vos que lavre e page e cunpla e agarde todalas condiçoens desta carta e cadauna delas segundo que vos sodes tiiudo e obrigado. Et obrigo todos meus beens gaañados e por gaañar para vos anparar e deffender senpre a dereito con a meatade da dita cortyña. Et eu o dito Afonso de Veredo que soon presente por min et por la miña moller que non he presente asy o outorgo e reçebo em min de vos o dito Martim d’Alvan a meatade da dita cortyña aforada para senpre, et para lavrar e parar bem et para pagar o dito foro en cadauun anno e conprir e agardar todalas condiçoens desta carta e cadauna delas obrigo a vos todos meus beens gaañados e por gaañar. Outrosy foy logo posta condiçon e pustura entre o dito Afonso de Veredo et Rodrigo Ares que aposten e alynpen os poços de por medyo. Outrosy foy posta penna entre estas ditas partes que qual quer delas que contra esto que sobre dito he quiser pasar et ho non quiser conprir e agordar que peyte aa outra parte que o conprir e agordar quiser por nomme de penna e pustura et interesse çem mor. da boa moeda, e a dita penna pagada ou non esta carta e todo o en ela contiiudo fique firme e valla para senpre. Feita a carta en Ourense, oyto dias do mes de janeiro, anno do nasçemento de noso señor Jhesu Cristo de mill e tresentos e noveenta e seys annos. Testemunyas que a esto foron presentes as sobre ditas, Afonso Fernandes criado de Afonso Fernandes jubiteiro e Pero Maryño raçoeyro e Gonçalvo Afonso yrmao de min dito notario.

Et eu Ares Yanes de Canedo notario publico da çibdade d’Ourense por lo bispo e por la igleia dese lugar a esto que sobre dito he presente foy con as ditas testemunyas e esta carta escripvy e aqui meu nome e meu signal fis que tal he em testemunyo de verdade. + e con a metade de.

(sinal)

[reverso] Carta da chousa de Guizo.