GMH/ÍNDICE A-Z

1048
1438, abril, 6. Lugo

Maior Fernández e o seu fillo véndenlle a Fernando Pérez tódalas súas herdades na freguesía de San Fiz de Muxa por 200 marabedís.

MADRID, AHN, carp. 1333 B/10, perg. orix., galego, cortesá, 280 x 155 mm.
   

Sabean quantos esta carta de vençon virem como nos Mayor Fernandes de Castello, muller que foy de Fernan de Santa Alla, defunto, et Rodrigo Afonso, fillo de vos a dita Mayor Fernandes et do dito Fernan de Santa Alla, outorgamos et conosçemos por esta presente carta que vendemos a vos Fernando Peres, çapateyro, morador en San Fiis de Muja çerca desta çiudade de Lugo, todas quantas erdades et casas et arvores et formaes et beens reyses que nos et cada hun de nos avemos et nos perteesçen en a friglisia et sub o signo de Sam Fiis de Muja, et que nos ende perteesçen a min, a dita Mayor Fernandes, por min meesma et a min, o dito Rodrigo Afonso, por lo dito Fernan de Santa Alla, meu padre, segundo que se parten de por medeo convosco o dito Fernan Peres, çapateyro, en o dito lugar de Sam Fiis, o qual todo vos vendemos com o padroadego que avemos en a dita iglesia de Sam Fiis de Muja, as quaes vos vendemos, segundo dito he, a montes et a fontes por onde quer que vaam sub o dito signo, et reçebemos de vos em preço por esta dita vençon dusentos moravedis de moneda vella branca, em tres dineiros, en dineiros et en plata et prendas de pano que vallan a dita contia, dos quaes nos outorgamos por entregos et bem pagos por quanto nos los destes et pagastes, segundo que dito he, et do voso poder pasaron a o noso em presença do notario et testemoyas desta carta, para o qual todo et parte dello nos et cada hun de nos renunçiamos et partimos de nos todos los dereitos et leys canonicos et çeviis et moniçipaes et foros et dereitos et espeçialmente renunçiamos et partimos de nos a lee de duobus reys devendy et de numerata pecunia, et todas las outras leys, foros et dereitos que as non posamos alegar em juyzo, nen fora del, por nos, nen por outro, en juyso nen fora del. Et eu, a dita Mayor Fernandes, renuçio et parto de min a ley do Enperador Valaridiano que he en favor das mulleres, que a non posa alegar por min, nen por outro, et que non seia sobre elo ouda en juyso nen fora del. Et por esta presente carta vos poemos logo en o jur et posyson corporal et rayal et autual de todos los ditos beens reyses et a presentaçon da dita iglesia, que vos asy vendemos, et para que as posades entrar he reçeber sem alcallde et moordomo et justiça do dito lugar sem noso embargo et de todas nosas voses.

Et eu, o dito Fernan Peres, que presente estou asy reçebo de vos, a dita Mayor Fernandes, et Rodrigo Afonso a dita vençon segundo que dito he. Et nos os sobreditos, Mayor Fernandes et Rodrigo Afonso, asy vos lo outorgamos, et porque esto seia çerto et non vena en dulta outorgamosvos dello esta carta de vençon por lo notario de iuso escripto a o qual rogamos et mandamos que a faça a mays forte et firme que poder faser et notar sobre esta rason con consello de leterados.

Que foy feyta et outorgada en a çiudade de Lugo, seys dias do mes de abril, ano do nasçemento de noso senor Jhesu Christo de mill et quatroçentos et trinta et oyto anos.

Testemoyas que foron presentes chamados et rogados: Afonso de Queiçan, ferreiro, et Afonso Fernandes de Castro Alfonsyn, alfayate, visinos de Lugo ts., et outros.

Et eu Pedro Afonso de Masoe, notario publico da dita çiudade de Lugo por la abtoridade do senor Obispo et iglesia dese lugar, a todo esto que sobredito he con as ditas testemoyas presente foy et a rogo et a pedimento de ambas las ditas partes esta carta de vençon escripvi et aqui puje meu nome et signal acustumado que tal he en testemoyo de verdade (signo).

Pedro Afonso, notario.