GMH/ÍNDICE A-Z

1241
1477, xaneiro, 14. Lugo
Elvira Fernßndez vÚndelle a Xoßn Fernßndez, clÚrigo do coro, media casa na r˙a Nova por 7.000 pares de brancas.

MADRID, AHN, Carp. 1333 C/17 (bis 1), perg. orix., galego, cortesß, 285 x 195 mm.

Sabean todos quantos esta carta de venšon viren como eu Elvyra Nunes, muller que foy de Johan Ares, peliteyro, cuja alma Deus aja, que soo presente non costrengida per forša nen yndusida per engano mays de mina propia et libre voontade et para ajuda de meu manteemento, por lo tenor da presente carta, como millor poso et con dereito devo, conosco et outorgo que firmemente vendo por jur de erdade para senpre jamays a vos Johan Fernandes, clerigo do coro da iglesia de Lugo et notario et clerigo da iglesia de San Višenšo de Pias, que estades presente, et a todas vosas voses erdeyros et subšesores para senpre jamays, conben a saber que vos vendo toda a mina meetade de casa de rua Nova con sua meetade da orta et pošo et con todas suas entradas et seydas et jures et pertenenšas et dereituras et agoas vertes et estantes do šeo et a terra, que me a min perteesše et cabe da dita casa et orta et pošo, a qual ten por limites et lindeyros da huna parte et ylarga esta outra casa que foy et ficou de Vaasco Lourenšo, que Deus aja, et da outra parte et ylarga esta outra casa que eso meesmo foy et ficou do dito Vaasco Lourenšo, et a qual dita casa con sua orta et pošo he sita et locada sub o signo da Capella de Sant Marco da dita šibdade. Et rešebo de vos en prešo por esta dita venšon, que vos asy fašo de toda a dita meetade da dita casa et orta et pošo, conben a saber septe mill pares de brancas desta moeda corrente, os quaes ditos septe mill pares de brancas eu, a dita Elvyra Nunes, logo de vos o dito Johan Fernandes, clerigo, oybe et rešebi en meu poder et maos en dineiros feytos et ouro et prata, que montaron os ditos septe mill pares de brancas, que do voso poder a o meu pasaron en presenša do notario et testigos desta carta, et dos quaes me dou et outorgo por entrega et ben pagua por quanto mos destes et pagastes, et en rason da dita pagua renunšio as leys que šerca della fallan, et desde oje este dia da feyta desta carta endeante todo jur et posison et propiedade et dereito et vos et abšon que me perteesše a a dita meetade da dita casa orta et pošo todo o tiro, parto, quito et amobo de min et de toda mina vos et herdeyros, et o pono, šedo, demito et traspaso en vos o dito Johan Fernandes, clerigo, et en todas vosas voces et erdeyros para senpre jamays, et por la presente vos dou poder para que fašades della et en ella dĺoje endeante todo o que quiserdes et por ben teberdes sen enbargo algun de min, nen de toda mina vos et herdeyros, nen de outro nen de outros por min, nen en meu nome, nen por elles, sobre lo qual renunšio et parto de min et dos sobreditos todas las leyes et dereitos que en contrario se podesen alegar, et a min ou a os sobreditos aprobeytar, para contra esto yr ou pasar para que se non digan, nen aleguen, et caso que se tente faser que non valla a min nen a elles nen sejamos, nen algun de nos, oydos nen rešebidos en juyso nen fora del en tenpo algun, nen por algua maneyra que seja, et as leyes do engano et forša et medo et temor et da innumerata pecunia et do aver non visto, contado, nen rešebido, et a ley do consulto Veliano et Valeriano que falla en fabor das mulleres, et a ley que dis que general renunšiašion non valla; et obligo a min et a todos los outros meus bees, mobles et rayses, avidos et por aver, de vos faser senpre saa et de pas esta dita venšon a todo tenpo.

Et eu, o dito Johan Fernandes, que presente estou asy rešebo de vos, a dita Elvyra Nunes, esta dita venšon que me asy fasedes et outorgades. Et eu, a dita Elvyra Nunes, asy vos la fašo et outorgo, et porque seja šerto outorgovos dello esta carta de venšon forte et firme, ou mays quantas conpliren a vista de leterados, por ante o notario et testigos de juso escriptos.

Que foy feyta et outorgada en a šibdade de Lugo, quatorse dias do mes de janeyro, ano do nasšemento de noso senor Jhesu Christo de mill et quatrošentos et seteenta et septe anos.

Testigos que foron presentes chamados et rogados: Rodrigo Ares, clerigo da iglesia dĺAsperante; et Alvaro Gomes de Lea, Pedro de Queyšan, fillo de Ruy de Queyšan, et Roy da Veyga o pion, vesinos da dita šibdade de Lugo, et frey Johan, frayre do Moesteyro de Santo Domingo de Lugo, fillo da dita Elvyra Nunes.

Et eu Affonso Fernandes de Agrello, escrivano et notario publico de noso senor el Rey en a sua Corte et en todos los seus reynos et senorios et notario publico da dita šibdade et obispado de Lugo por la abtoridade do senor Obispo et iglesia dese lugar, a esto que dito he en un con os ditos testigos presente foy et esta carta de venšon, segundo que por min pasou et foy outorgada por la dita Elvyra Nunes, a escrivi et a rogo et pedimento do dito Johan Fernandes, clerigo, por ende aqui en ella puje meu signo et nome en testimoyo de verdade (signo).