GMH/ÍNDICE A-Z

1390
1495, agosto, 24 luns. Lugo
O Cabido de Lugo afóralles a Pedro Gómez, á súa muller e a dúas voces o lugar de Fornelas na freguesía de Santa Comba dos Dados, por renda anual de corenta e cinco marabedís, vinte marabedís de luctuosa e outras obrigacións.

MADRID, AHN, Carp. 1337 nº 15, perg. orix., cortesá, 300 x 315 mm.

Sepan quantos esta carta de foro vieren como nos el dean et personas canonigos et benefiçiados da yglesia de Lugo, que abayxo seran nombrados, seendo juntados en noso cabildo dentro en o coro da dita yglesia a sayda da misa da terçia, de consintimiento et outorgamento de Rodrigo Afonso de Aguiar, clerigo do coro da dita yglesia, rendeyro prinçipal dos aniversarios da dita yglesia, aforamos a vos Pedro Gomes de Fornelas, que presente estades, et a vosa muller, Taraisa Rodrigues, et a outras duas personas despoys do postromeyro de vos, huna qual nomear el postromeyro de vos en sua vida ou a o tenpo de seu finamento, et non seendo nomeada que seja persona deste foro quen herdar los bees do postromeyro de vos de dereito, et asi la outra persona que seja aquela que por lo postromeyro de vos for nomeada ou herdar seus bees de dereito, segund dito he. Conben a saber que vos aforamos o noso lugar chamado de Fornelas, que perteeçe a os aniversarios da dita yglesia de Lugo, en a flegesia et sub o sino de Santa Coonba dos Dados, o qual lugar vos aforamos con todas suas herdades, vinas, arbores et formaes et con quatro casas que a o presente vos teedes et poseedes do dito lugar et con sus entradas et saydas, jures et pertenençias, et mays vos poemos, ajuntamos et damos en o dito foro tres cavaduras de vina que vos couvo por voso padre, Gonçalvo Afonso de Fornelas, en a vina chamada do Herbedero, et mays outras quatro cavaduras de vina que vos o dito Pedro Gomes vos obligastes et obligades de dar plantadas de oje da feyta desta carta a seys anos en vosa herdade propia, et vos de agora para a en adelantre et para senpre jamays por via de enparçamiento has destes et dades et juntastes con o dito noso lugar. Asi vos lo aforamos, segund dito he, por dias de vosas vidas et das ditas vosas personas, a tal pleito et condiçion que vos, o dito Pedro Gomes, et vosa muller et personas tenades quatro casas do dito lugar reparadas, conben a saber a casa do fogo con sua camara et con seu sobrado reparado et cuberta de tella, portada et p[...], et las outras tres casas feytas de parede et portadas et madeyradas et cubertas de palla. Et dedes plantadas las dez albores, que vosos anteçesores se obligaron de plantar en o foro vello que de nosos anteçesores tina, et mays que alende destas ditas dez albores que ponades et diades presas outras seys albores todas postas et presas en as herdades do dito noso lugar de Fornelas de oje da data desta carta a oyto anos. Et dedes de foro, en cada un ano, a o rendeyro dos aniversarios, ou a quen noso poder ouber, quorenta et çinquo maravedis vellos, que tres brancas bellas et un dineiro fasen el maravidil, en a moeda que se pagaren los outros foros et rentas da dita nosa iglesia, por dia de San Martino de nobenbre, postos et pagos en paz et en salvo dentro en esta çiudade, et non pagando por dous anos continos este dito foro que por ese mesmo feyto pergades et pergan o dito foro con o dito enparço das ditas sete cabaduras de vina. Et cada persona, que suçeder en este dito foro, seja tiuda et obligada de se presentar ante nos, o dito cabildo, ou ante nosos suçesores do dia que en el suçeder fasta trinta dias primeiros logo segentes et nos mostre como en el suçede et del he persona, sub pena de o perder. Et seredes vasalos serventes et obedientes a iglesia de Lugo et pagaredes de loytosa vos et vosas personas, quando falesçeredes desta vida presente, vinte maravidis vellos. Et a finamento da postromeyra persona que o dito foro do dito lugar chamado de Fornelas con suas casas et herdades et vinas et alvores et formaes et con el enparço das ditas sete cavaduras de vina et con todos seus anexos fique libre, quito et desenbargado a a dita iglesia de Lugo, cujo he, et aniversarios dela con todos los boos paramentos que en el foren feytos.

Et eu, o dito Pedro Gomes, que presente estou, por min et por la dita mina muller et personas despoys de nos, asy damos et outorgamos o dito enparço das ditas sete cabaduras de vina, asy las tres que me ficaron do dito meu padre como las quatro que ajo de plantar en mina heredade propia, para senpre jamays a a dita yglesia de Lugo et aniversarios dela, et asi la reçebemos todas juntamente en o dito foro por la maneyra et condiçoes sobreditas. Et nos, o dito dean et cabildo, asi vos lo outorgamos con las condiçoes a suso nonbradas. Do qual nos as ditas partes rogamos et mandamos a o notario juso escrito que de et faga delo duas cartas de foro, anbas en thenor, as mays fortes et firmes que se sobre elo poderen fazer et notar sobre la dita razon et signadas de seu signo, huna para vos, o dito Pedro Gomes, et vosa muller et personas et outra para nos, o dito cabildo.

Que foy feyta et outorgada en a çiudade de Lugo en o lugar sobredicho, lues, veynte et quatro dias do mes de agosto, del ano do nasçemiento de noso salvador Jhesu Christo de mill et quatroçentos et noventa et çinquo anos.

Testemoyas que foron presentes a faser et outorgar este dito foro: don Gonçalvo Gomes de Montenegro, dean; et Alvaro Diaz de Lama, chantre; et el bachiller Pedro Fernandes das Camoyras, arçediano de Sarrea; et el juez Afonso Martines de Galdo; et Gomes Ares, thesoreyro; Juan Ares de Parga, Pedro de Mera, Pedro de Parga, Vernaldo, canonigos; Fernando Peres, Vasco Grandio, raçioneros; Pedro das Camoyras, Pedro Rodrigues, Roy d’Arcos, Gonçalvo Fernandes, clerigos do coro da dita yglesia; et o dito Rodrigo Afonso de Aguiar, clerigo et rendeyro dos aniversarios da dita yglesia.

Et eu Afonso Fernandes de San Jullaao, raçionero da dita iglesia de Lugo et notario publico por a abtoridade del senor Obispo et iglesia dese lugar, a a todo lo que sobredito he presente foy en un con los ditos testigos, et segundo que por los ditos senores del cabildo foy outorgado este dito foro con su enpraçamento, por outro bien et fielmente lo fis escripvir seendo ocupado de outros negoçios et a rogo et pedimento do dito Pedro Gomes aqui puje estos meus signo et nome acustumados en testimonio de verdade rogado et requerido.