GMH/ÍNDICE A-Z

993
1423, abril, 2. Lugo

O deán, don Xoán Martínez, traspásalle o foro das herdades e searas de San Martiño de Guillar ó seu sobriño Xoán Afonso, a condición de que lle pague ó bispo a renda correspondente.

MADRID, AHN, Carp. 1332 H/12, perg. orix., galego, cortesá, 255 x 410 mm.
       

Sabean todos quantos esta carta viren como eu don Johan Martines, deam de Lugo, et foreyro que soo do cassal et herdades et searas da iglesia de San Martino de Gillar et con todas las dereituras a el perteeçentes, segundo et en a maneira que perteeçen a a mesa obispal, et ho eu teno et me perteeçe por foro et vervo que me del fui et he feito polo vicario, don Juan Ruys, por ende eu asy dou et traspaso o dito meu foro et casal et polo tempo et persoas et condiçoes que o eu teno et me perteeçe por lo dito foro, et con todas las dereituras a el perteesçentes en vos et a vos Johan Afonso de Lama, meu subrino, segundo et en a maneira que me perteeçen por lo dito foro, por muyto serviço que me vos avedes feito, et quero et outorgo que o levedes et aiades d’aqui endeante et esfroytedes, et con todas las dereituras et herdades et searas a el perteeçentes sen mina contradiçon et enbargo, et que posades en el nomear persoa et persoas vos et vosas voses, segundo eu poderia, et todo dereito et auçon que eu aio et me perteeçe do dito casal et foro todo o dou et traspaso en vos, o dito Johan Afonso, et vos entrego logo et pono en voso poder o dito foro que del teno para que usedes del de aqui endeante et do dereito del et auçoes, segundo a min perteeçian, et en tal condiçon et clausola que vos pagedes a o dito senor Obispo et a a sua messa obispal en cada hun ano a penson et çenso contiudo et scripto en o dito foro, et a que eu era obligado de pagar por el; o qual foro asy dou et traspaso en vos et con todas las condiçoes et clausolas en el scriptas et insertas, segundo et en o tenor que se en el conten, et prometo et quito de nunca yr nen pasar contra este dito traspasamento de graçia et pura doaçon irrevocable que vos asy dou et faço do dito foro para o qual renunçio et parto de min todo dereito et auçon et exçepçon et defenson et todo benefiçio de restituycione in integro, et que o non alege nen me subcorra del en iuso nen fora del por ingratudunbre, nen cousa alguna, que me vos façades, nen digades.

Et eu, o dito Juan Afonso, que presente estou asy reçebo de vos, o dito senor deam, o dito foro et casal et graçia et doaçon, que me del fasedes, por lo tempo et persoas et condiçoes que se conten en o dito foro, et obligo a min et a meus bees a pagar a dita penson et çenso por lo dito foro et vervo en cada hun ano. Et eu, o dito deam, asy vos lo dou et outorgo segundo susodito et declarado he.

O qual fuy feyto et outorgado en a çiudade de Lugo en as casas de morada do dito senor deam, dous dias do mes de abril, ano do nasçemento de noso senor Jhesu Christo de mill et quatroçentos et viinte et tres anos.

Testemoyas que foron presentes: Ares Afonso, bacheller, coengo de Lugo; et Juan de Gayvol, et Juan Lopes, mercadores, visinos de Lugo.

Et eu Alvaro Ferrnandes das Camoyras, notario publico da çiudade de Lugo por la autoridade do senor Obispo de Lugo et iglesia dese lugar, a todo esto que sobredito he con as ditas testemoyas presente fuy et este instromento de traspasamento scripvi, segundo por min pasou, a pedimento do dito Juan Afonso, et aqui puje meu nome et signal en testemoyo de verdade (signo).

Alvaro Fernandes, notario.