GMH/ÍNDICE A-Z

74
1309, marzo, 17
Pedro Eanes véndelle ao bispo de Lugo unha porción de leira e medio «formal» en San Vicente de Coeo por 120 soldos.
 MADRID, AHN, Carp. 1332 B/2, perg. orix., galego, gótica cursiva, 155x120 mm.

Sabeam quantos esta carta viren commo eu Pedro Iohannes de Corvelle de boo coraçon et de boa voontade, vendo a vos don Rodrigo, por la gracia de Deus bispo de Lugo, a sesma de una leyra que iaz en campo ante o paaço do bispo de Corvelle, et mays se y mays ey. Et estan da una parte as castineyras forcadas, et da outra partesse por lo marco que esta contra os paaços; a qual leyra foy do casal de don Domingo, con suas pertenenças et dereyturas. Outrossi vos vendo a meatade de un formal con seu saydo que ias cabo a ayra da Lagoa, o qual se parte con o casal de Quinteela, a qual leyra et formal son sub signo de San Viçenço de Coe. Et reçebo de vos en preço por esta vençon CXX soldos da moneda del rey don Fernando que ora anda, dos quaes me outorgo por ben pagado. Et obligome por todos meus bees de vo-la faser de pas, des aqui adeante aiadesla sempre en pas et toda vossa vos pus vos todo meu sennorio et poder removudo.

Feyta a carta de vençon XVIIe dias de março, era de mill et CCC et XLVII annos.

Os que presentes foron: Diego Alvarez, escudeyro, Fernando Aras et Fernan Fernandez, clerigos do bispo, Rodrigo, omme de Diego Alvarez, Aras Martinez, criado de Miguel de Piugros, testemoyas, et outros.

Et eu Françisco Lopes, notario publico de Lugo, a esto presente fuy, et a rogo do dito Pedro Iohannes esta carta escrivi et notey et puge en ela meu signal.

SIGNO