GMH/ÍNDICE A-Z

215

s/d

Lois González das Tendas, rexedor, arrenda durante dous anos a Xoán González e ao seu fillo Álvaro González, moradores en Santa Marta de Velle, os muíños sitos xunto á ponte da Loña, que el manterá en bo estado, encargándose os arrendatarios de darlles traballo e partindo á metade os beneficios. (fols. 69v-70)

Sabean quantos esta cara viren como eu, Loys Gonçalves das das Tendas, rejedor da çidade d’Ourense, dou en renta a vos Joan Gonçalves e voso fillo Alvaro Gonçalves, moradores en Santa Marta de Belle, os meus muynos que estan a ponte da Loona, os quaes ditos muynos vos dou en renta doje a dous annos conpridos primeiros sigentes con estas condiçoens, que eu o dito Loys Gonçalves por tenpo dos ditos dous annos que vos día os ditos muynos apostados et reparados de moos e buxos e ferros e caanlles e rodiseos et de todaslas outras outras cousas que feseren mester et foren neçesarias \segundo visto de muyneiros/ et de apostar a presa quan se se quebrar segundo que ben visto e for neçesario a vista segundo os outro muyños da di que estan enno dito rio da Loona, et do al que vos os ditos Joan Gonçalves e Alvaro Gonçalves que curedes os ditos muyños et que lles diedes graaos e os busquedes por todas partes en tal maneira que se os ditos muyños non perqan por mingoa de moageen, et perdendose por mingoa de moageen por culpa de vos os ditos Joan Gonçalves e Alvaro Gonçalves non dardes e buscardes as ditas moageens e graaos, que eu o dito Loys Gonçalves que os posa tomar e dar a quen quiseer, et conprindo o sobre dito que voslos non posa tomar por lo dito tenpo, et de todo o que os ditos muyños renderen que sejan e o ajamos de por medeo ameatade eu o dito Loys Gonçalves et a outra ameatade nos os ditos Joan Gonçalves et Alvaro Gonçalves, para o qual nos as ditas partes asy nos obrigamos etç. Penna mill \quinentos/ mrs. etç. Et ( fol. 69v)
outrosy se obrigou o dito Loys Gonçalves de lles dar seseenta mrs. branca en tres dños. para ajuda de huna besta que traga as moageens e do al que a conpren os ditos Joan Gonçalves e Alvaro Gonçalves se mays custar e acabado o dito tenpo que seja sua a dita besta dos ditos Joan Gonçalves e Alvaro Gonçalves, os quaes seseenta mrs. se obrigou de llos dar ata medeado o mes de mayo etç., para o qual os ditos Joan Gonçalves e Alvaro Gonçalves deron por fiadores Afonso da Penna et Afonso Gonçalves moradores enna Penna et en Belle, os quaes se obrigaron todos de man comuun etç. e su a dita penna dos ditos quiñentos mrs. etç. Tests. Vasco Peres alfayate e Afonso de Paredes e Diego Gonçalves fillo de Fernando Afonso da Benposta.