GMH/ÍNDICE A-Z

D33
1459, marzo, 14
O xuíz Vasco Gómez devolve certa cantidade de panos que collera a vasalos de Diego de Lemos en represalia por un faco que se lle debía, comprométese este, tras as oportunas indagacións, a devolverllo xunto cunha cantidade en concepto de aluguer. (fol. 11)

Vasco Gomes.

A qatorse dias do dito mes de março do dito anno de LIX, en Ourense enna Praça do Canpo, Diego de Lemos escudeiro se obrigou que por rason que Vasco Gomes juis da çidade d’Ourense tyna pynorado tres costaas de panos a çertos omes de Çarreda por rason de huun roçin dalbarda que enprestara a Joan Bouçooa por çertas condiçoes, as quaes o dito Vasco Gomes diso que o dito Joan Bouçooa lle non conprira nen agardara, et a morte do dito Joan Bouçooa o abade de Santo Estevo tomara o dito roçin por loytosa do dito Joan Bouçooa et lle requerira por moytas veses ao dito abade que lle dese o dito roçin et non quisera dar, porlo qual fesera a dita represaria, o dito Vasco Gomes por rogo do dito Diego de Lemos entregava os ditos pannos aos ditos seus donos, por ende o dito Diego de Lemos se obrigou ao dito Vasco Gomes que, sacada peresquisa enno dito lugar de Çarreda et se fose achado que o dito Vasco Gomes reçebera a paga ou entregas algunas, que o dito Diego de Lemos fose livre et quite dos ditos pannos da dita fiadoria, et non o provando o dito Diego de Lemos se obrigou de entregar o dito roçin con seus alugeiros en todas as ditas oytavas de pascoa, para o qual obrigou seus beens. Tests. Joan Cheo et mestre Pero, Gomes de Ribadiso (fol. 11)